O Concello de Oia abre o prazo de inscrición para unha nova edición dos obradoiros de teatro veciñal infantil e para persoas adultas. Ao igual que aconteceu nas anteriores convocatorias, as sesións serán impartidas por A Artística Teatro & Danza os venres en horario de tarde.
O obradoiro comezará o 7 de febreiro e as sesións desenvolveranse os venres no Centro Cultural de Pedornes: o infantil en horario de 18.00 a 19.00 horas e o de persoas adultas de 19.15 a 21.15 horas.
Trátase dunha actividade gratuíta e aberta a xente de todas as idades, se ben é obrigatorio inscribirse pois as prazas son limitadas. As persoas interesadas en participar poden apuntarse no rexistro do Concello desde este luns día 13 ata o 30 de xaneiro.
En cada unha das súas edicións, o obradoiro reúne a varias decenas de veciñas e veciños de diversas as idades, as cales traballan durante varios meses na elaboración e interpretación de distintas pezas teatrais. Como actividade final, as creacións son representadas polo propio alumnado dentro da xornada festiva 6×6 Punto de Encontro que se celebra no barrio do Arrabal.
O vídeo-resumo da última edición do 6×6 pode verse na canle de youtube do Concello nesta ligazón.