HomePontevedraBaixo MiñoO Concello de Oia contratará 7 persoas ao abeiro do Plan +Provincia...

O Concello de Oia contratará 7 persoas ao abeiro do Plan +Provincia 2025 da Deputación

- Anuncio -spot_img

O Concello de Oia contratará un total de 7 persoas ao abeiro do Plan +Provincia 2025 da Deputación de Pontevedra (liña 3, de activación do emprego). Os perfís que se solicitan son de condutor de maquinaria forestal (1 praza), albanel (2 prazas) e peón forestal (4 prazas), e en todos os casos se trata de contratos a xornada completa.

Poderán beneficiarse desta iniciativa as persoas desempregadas inscritas na oficina de Emprego de Baiona, que fará a preselección de candidaturas. Posteriormente, o Concello encargarase da selección definitiva.

No seguinte cadro resúmese o número de prazas para cada posto, o perfil solicitado (xunto co código correspondente no que deberán inscribirse na oficina de emprego as persoas interesadas) e máis a duración de cada contrato:

PRAZASPERFIL/OCUPACIÓNPERÍODO CONTRATO
1Condutor/Operador de maquinaria forestal (CNO. 83221013)1/03/2025 a 31/12/2025 (10 meses)
2Albaneis (CNO. 71211015)1/04/2025 a 31/10/2025 (7 meses)
  4Peón Forestal (CNO. 95431028)01/03/2025 a 31/10/2025 (8 meses)

Publicacións Relacionadas