Home Pontevedra Balance positivo da temporada de praias de Redondela con escasas incidencias

Balance positivo da temporada de praias de Redondela con escasas incidencias

- Anuncio -

– O servizo de socorrismo dos areais redondeláns rexistrou ata o de agora escasos incidentes. A alcaldesa lembra que “o Concello de Redondela pode presumir de ser o único municipio da contorna que ten o servizo de socorrismo operativo desde o 15 de xuño”. Rivas destaca o esforzo que se fai desde o Concello para que este servizo funcione durante tres meses “para que a veciñanza poida gozar das nosas praias nas mellores condicións e con total seguridade ”.

– Ata o próximo 15 de setembro os areais de Cesantes e Arealonga contan con servizo de socorristas todos os días en horario de 12:00 a 20:00 horas. O servizo ofrece tamén cadeiras anfibias nas dúas praias “o que permite ás persoas con mobilidade reducida gozar dos nosos areais e do baño con todas as comodidades e garantías, e están a ter moita demanda”, explica Rivas.

A piques de rematar o mes de agosto, a alcaldesa de Redondela Digna Rivas, e a concelleira de Seguridade Rita Pérez Táboas, visitaron as instalacións do servizo de socorrismo da praia de Cesantes. O balance ata o de agora é moi positivo, tanto neste areal como no de Arealonga, en Chapela, cunha temporada de praias “tranquila e con escasos incidentes desde que comezou o servizo, o pasado 15 de xuño”, sinala Rivas. Houbo catro rescates acuáticos de bañistas na praia de Cesantes,con intervención tanto dos socorristas como da embarcación. En Chapela remolcaron un bote que precisaba axuda ata o peirao. Os incidentes leves víronse reducidos considerablemente con respecto a anos anteriores. Ata o de agora rexistráronse 9 picaduras de anémona entre as dúas praias “cando noutros anos se rexistran máis dun cento”, sinala Rivas. En canto a picaduras de insectos só se trataron dúas, unha cantidade mínima con respecto ás ducias de casos que adoita haber outros anos. Feridas por cortes ou abrasións rexistráronse 40 entre as dúas praias, unha cifra tamén algo inferior á de anos anteriores.

A alcaldesa lembra que “o Concello de Redondela pode presumir de ser o único municipio da contorna que ten o servizo de socorrismo operativo desde o 15 de xuño”. Rivas destaca o esforzo que se fai desde o Concello para que este servizo estea en funcionamento durante tres meses “para que a veciñanza poida gozar das nosas praias nas mellores condicións e con total seguridade ”. O servizo seguirá funcionando ata o próximo 15 de setembro tanto no areal da Punta como no de  Arealonga. Os dous dispositivos están operativos todos os días, incluídos festivos, en horario continuado, de 12:00 a 20:00 horas.  O servizo conta tamén con dúas embarcacións, unha con base na zona de Chapela e a outra na zona de Cesantes “para realizar labores de vixilancia ao longo de toda a zona costeira próxima as praias”.

Cadeiras anfibias para persoas con mobilidade reducida

O servizo de socorrismo ofrece tamén cadeiras anfibias para os usuarios tanto na praia de Cesantes como en Arealonga “o que permite ás as persoas con mobilidade reducida gozar dos nosos areais e do baño con todas as comodidades e garantías”, explica Digna Rivas. Este material está a ser moi demandado por persoas de todas as idades con problemas de mobilidade, e o persoal do servizo de socorrismo asiste a estes usuarios en caso de que o precisan tanto para o acceder á praia como á zona de baño.

Relacionadas

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Crecente e As Neves...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou os concellos coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

O BNG de Vigo demanda que Caballero rectifique o “atropelo” de desaloxar a...

0
A fronte nacionalista anuncia un recurso de reposición contra a decisión do Goberno local por desviación de poder ao expulsar á Federación Veciñal do...

O BNG lamenta a incapacidade de Telmo Martín de licitar debidamente o novo contrato...

0
O Concello deberá aprobar unha continuidade da actual concesionaria (Ascan), a pesar de que o contrato expira o próximo día 22, logo de que o Xulgado...

O PP esixe retomar o control poboacional de gaivotas e pombas na cidade de...

0
• O partido máis votado amoesta ao BNG por non formalizar o contrato durante o 2024 con ningunha empresa, “causando un prexuízo á hostalería...

O Concello de Tui e ACOUGO dan o primeiro paso de cara a sinatura...

0
O obxectivo será visibilizar o traballo da Asociación Galega de Familias de Acollida e apoiar as familias que desexen ser acolledoras O Concello de Tui...

Dan comezo as obra de mellora da estrada provincial EP-2204 (Sabarís-Belesar)

0
A execución da obra consiste na modificación de 150 m en torno ao momento quilométrico 1+900, en cada marxe da vía en torno da...

Publicacións Relacionadas