Home Vigo Nigrán "Balmi" o cachalote de vive en Nigrán xa loce en praia América

“Balmi” o cachalote de vive en Nigrán xa loce en praia América

- Anuncio -

A escultura de máis de cinco metros de longo, realizada con residuos plásticos mariños, simboliza o compromiso do festival coa contorna e a sustentabilidade

Balmi, o bebé cachalote de Vive Nigrán xa loce no seu emprazamento definitivo, diante de Monte Lourido en Praia América, onde se presentou este xoves coa presenza de Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, Juan González, alcalde de Nigrán, Juan Rivas, director do festival, Hugo Pérez, Brand Manager de Mahou San Miguel en Galicia, o delegado de Aqualia Jose Luís García Ibañez, Antonio Cortés de Gadisa, José Antonio García, director xeral de López Real 09 S.L, promotora de NASAS, e Alfredo López, membro da Xunta Directiva do GALP Ría de Vigo – A Guarda e coordinador de CEMMA.

Esta peculiar escultura foi realizada polo equipo artístico Retoque Retro, asociación sen ánimo de lucro na defensa da arte e do Medio Ambiente que presta especial atención ao medio mariño. A escultura presentada este xoves pesa máis de 400 quilos, ten 5,60 metros de longo e 1,70 metros de alto. Está realizada con residuos plásticos de orixe mariña e representa unha cría de cachalote bautizada como Balmi -pola súa localización no Val Miñor- que está a escoitar música cuns auriculares. Durante tres meses, os membros de Retoque Retro percorreron 20 praias galegas cada semana para recoller lixos e residuos para a súa construción. Utilizáronse 200 quilos de lixo, o 90% de lixo mariño e 10% de lixo urbano, como algunhas botellas e tapóns proporcionados por veciños da zona. Tamén se utilizaron residuos procedentes das recollidas organizadas por VIVE SOSTIBLE. Isa García (bióloga), Javi Serantes (escultor) e Ana Le (mestra) uniron os seus coñecementos e habilidades a través dunha conciencia ambiental e unha sensibilidade artística común neste proxecto realizado por Retoque Retro para Vive Nigrán.

A escultura está realizada a escala real xa que as crías de cachalote miden entre 5 e 6 metros ao nacer, poden alcanzar 18 metros de longo na idade adulta e teñen dentes, a diferenza das baleas. Como curiosidade, os dentes deste bebé cachalote son as puntas de plástico das antucas que quedan enterradas na area. Os auriculares están realizados con capazos de obra, restos de contedores e caixas de peixe cedidas polas confrarías de pesca de Burela e Malpica. A base é unha estrutura cuadrangular de ferro encargada ao escultor Emile Gireau. O corpo está construído cuns 500 paus de bateas, un dos residuos máis habituais nas costas galegas. Tamén se utilizaron caixas de peixe e verdura, bidóns, nasas plásticas e ata unha táboa rota de body board. O recubrimento en degradado de cores elaborouse con botellas, tapóns, restos de xoguetes e ata anacos de nasas que chegaron desde EEUU e Canadá ata as nosas costas.

A instalación deste cachalote, situado diante do campo de fútbol de Monte Lourido en Praia América, é a acción máis destacada dentro da iniciativa VIVE SOSTIBLE e quere converterse en todo un símbolo do compromiso do festival coa contorna e a sustentabilidade, reforzando a súa especial vinculación co Concello de Nigrán e resaltando a importancia da música e a cultura como elementos vertebradores e enriquecedores do territorio. Esta escultura é tamén unha homenaxe ás baleas e a todos os mamíferos mariños que xogan un papel no mantemento dos ecosistemas e do clima e están a desaparecer a pasos axigantados dos océanos. Unha das súas maiores ameazas é a inxesta de plásticos e os enredamientos con redes pantasma.

Desde o seu inicio, a organización do festival tivo presente a necesidade de actuar con respecto #ante a riqueza ambiental da contorna na que se desenvolve o evento, con diferentes accións englobadas en VIVE SOSTIBLE. O festival sumouse ao Pacto Cultura Sustentable para reforzar o seu compromiso por ofrecer un evento máis respectuoso co medio ambiente.

Así, a quinta edición do festival, seguindo diversos obxectivos incluídos na Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, impulsou diversas accións de concienciación e coidado ambiental durante estes meses, como dúas recollidas de residuos mariños en Praia América (chegando a reunir un total de 221kg na súa primeira recollida).

O vindeiro sábado 2 de outubro está previsto realizar unha última xornada de recollida de residuos na Praia de Patos, unha actividade organizada polo Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro Ría de Vigo – A Guarda (entidade colaboradora da Consellería do Mar para a xestión de axudas do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP)), coincidindo coa celebración da Semana Azul. Os interesados en participar nesta actividade poderán inscribirse a través dun formulario na web do concello www.nigran.es (abrirase o prazo o luns 27 de setembro e finalizará o venres 1 de outubro).

Ademais destas actividades, o festival engadiu o uso de vasos biodegradables, máis sostibles e respectuosos co medioambiente; unha iniciativa posta en marcha en colaboración con Mahou, patrocinador principal do festival a través da súa plataforma musical Vibra Mahou e cervexa oficial de Vive Nigrán. Tamén se contou cun xerador fotovoltaico de 2kW que forneceu enerxía á zona de camerinos, reforzando así o compromiso coas enerxías renovables e menos contaminantes e reducindo as emisións de CO2 do evento.

Relacionadas

A Deputación leva ata A Estrada o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 18 de abril, ás 19:00 horas, no Museo do Moble e a Madeira...

A vicepresidenta Luisa Sánchez visita a Fundación Provincial do Banco de Alimentos de Vigo

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, xunto coa deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, visitou hoxe a sede que a Fundación Provincial...

Cannabis e cocaína, as substancias máis consumidas das persoas usuarias da Asociación Érguete en...

0
A maioría das persoas que accederon a entidade a través do seu Servizo Xurídico comezaron a consumir entre os 15 e 18 anos Unha das...

Zafarrancho de limpeza nas rúas Antón Vilar Ponte e Altamira

0
A Concellaría de limpeza viaria dirixida por Xaquín Moreda realiza esta semana un zafarrancho de limpeza nas  rúas Antón Vilar Ponte e Altamira.   Como vén...

O Concello de Nigrán inaugura o muíño de Porto do Molle este sábado con...

0
A festa, aberta a toda a veciñanza, terá lugar a partir das 11:30 horas coa presenza das 'Pandereteiras do Sobreiro', a proxección da curta...

O Concello de Redondela mantense firme na necesidade de recuperar o cargadoiro Coto Wagner

0
-A alcaldesa de Redondela e o novo presidente da Autoridade Portuaria de Vigo mantiveron esta mañá a primeira reunión oficial dende o relevo de...

Publicacións Relacionadas