HomePontevedraPontevedraBenestar Social e a asociación Inzar recuperan a transmisión oral de mitos...

Benestar Social e a asociación Inzar recuperan a transmisión oral de mitos e lendas nas parroquias

- Anuncio -spot_img

O traballo comeza en Estribela (Lourizán), Tomeza e Ponte Sampaio, onde neste mes celebraranse xuntanzas interxeracionais para que os maiores conten as historias do lugar

O Concello aposta pola recuperación do patrimonio cultural ao tempo que promove o protagonismo dos maiores e a dinamización socio-comunitaria

A asociación socio-cultural Inzar, co apoio da Concellería de Benestar Social, que dirixe Anabel Gulías, pon en marcha un proxecto de recuperación da transmisión oral de mitos e lendas nas parroquias de Pontevedra, co fin de poñer en valor a nosa historia local, profundar no sentido de pertenza comunitaria e fomentar as relacións interxeracionais.

O traballo comezará en tres parroquias -Lourizán, Tomeza e Ponte Sampaio- onde xa están programados encontros entre a veciñanza para coñecer, de viva voz, as historias, mitos e lendas do lugar que atesouran os maiores na memoria. Uns relatos que, chegaron a elas/eles por boca dos seus devanceiros e que corren o risco de desaparecer.

Esta primeira quenda desenvolverase conforme ao seguinte calendario: o martes, 28 de outubro, quedada no centro social de Estribela (Lourizán); o venres, 14 de novembro, no local social de Tomeza e o mércores 19, no centro cultural de Ponte Sampaio. Previamente fíxose un traballo de información e difusión do proxecto coa axuda de asociacións e axentes sociais das respectivas zonas. Ademais, estase concretando o desenvolvemento da actividade en outras dúas entidades parroquiais máis, antes do remate de ano.

Membros de Inzar axudarán ás/ós participantes a escenificar os mitos e lendas contados, ao tempo que convidarán a todas e todos a reflexionar sobre o significado das historias e da súa permanencia no tempos, sobre os coñecementos que transmiten ou o papel social que xogan: se son contos de control, moralizadores, de medo (advertencias), etc.

Toda a cultural oral local transmitida pola veciñanza será gravada e recompilada co desexo de que poida chegar a ser publicada ou utilizada como material didáctico.

Publicacións Relacionadas