Home Pontevedra O Salnés BNG leva ao Parlamento Galego o mantemento da vía de Música e...

BNG leva ao Parlamento Galego o mantemento da vía de Música e Artes Escénicas no IES O Carril en Vilagarcía de Arousa

- Anuncio -

O pasado xoves 30 de Xuño, o grupo municipal do BNG obtivo o respaldo unánime do Pleno de Vilagarcía, na moción presentada por esta formación en defensa da Vía Musical e Escénica do Bacharelato de Artes do IES do Carril. Cabe lembrar que a LOMLOE abre de novo a porta a esta vía dentro do Bacharelato, que o IES ofertou na década pasada -ate que foi eliminada pola LOMCE- e mesmo nestes anos, indirectamente, se fora impartindo a través de materias opcionais.

O desexo de impartir novamente dita Vía Musical e Escénica para o vindeiro curso académico, viuse frustrado perante a decisión da Inspección de non autorizar a súa impartición, unha decisión a todas luces desafortunada, que choca coa oposición do Claustro e Consello Escolar, e de xeito oficial, tamén agora, pola representación da cidadanía no Concello de Vilagarcía.

Tras este paso dado desde instancias municipais, entramos nunha nova fase na que os deputados do BNG Montse Prado e Manu Lourenzo, veñen de rexistrar no Parlamento Galego unha iniciativa para que esta cámara inste á Consellaría de Educación a dar marcha atrás neste novo recorte do ensino, e deste xeito non limite as necesidades formativas do alumnado da nosa comarca.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas