Home Tabeirós A Estrada BNG presenta na Estrada o seu modelo de concerto económico para Galiza

BNG presenta na Estrada o seu modelo de concerto económico para Galiza

- Anuncio -

Xoán Reices explicou que “termos o modelo de concerto económico que propón o BNG non é unha cuestión de privilexios, senón de xustiza e igualdade, para que ás galegas e aos galegos non se nos trate como cidadáns de segunda”.

O BNG da Estrada organizou na tarde de hoxe un acto público sobre o financiamento de Galiza. Neste acto conducido por Xoán Reices (concelleiro) contou coa participación de Bieito Lobeira, membro da executiva nacionalista, que presentou o modelo para un financiamento xusto de Galiza.

Xoán Reices explicou que “termos o modelo de concerto económico que propón o BNG non é unha cuestión de privilexios, senón de xustiza e igualdade, para que ás galegas e aos galegos non se nos trate como cidadáns de segunda”.

Para dar conta da dimensión da discriminación do actual modelo, Bieito Lobeira explicou “que só no ano 2022 -segundo os datos da liquidación orzamentaria- a diferenza entre o que Galiza aportou vía impostos e o que lle transfire o Estado foi de 5.344 millóns de euros. Se a conta se fai entre 2009 e 2022 a cifra supera os 59.000 M€, que supoñen practicamente case a totalidade do que representan os orzamentos da Xunta durante seis anos”.

De aí a importancia de que Galiza teña a chave do seus cartos e o BNG reclame a soberanía fiscal e, no máis inmediato, o modelo de concerto económico similar ao do País Vasco ou o que vai ter Cataluña, apuntou Lobeira, subliñando que “Galiza non pode ser menos” nin renunciar a ter máis recursos para a sanidade, o ensino ou as políticas sociais, tal e como pretende o PP, con Alfonso Rueda á cabeza, ao que advertiu da súa responsabilidade de que Galiza quede rebaixada á condición de rexión.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Redondela celebra o Día Internacional da Diversidade Funcional esixindo “dereitos, non favores”

0
Como exemplo de adaptación inaugurouse esta mañá un semáforo con pictogramas na estrada de Vigo, na zona do Salgueiral. Deste xeito favorécese a comprensión...

Publicacións Relacionadas