HomeVigoMosBroche de ouro en Mos para a programación do 8M: as Xornadas...

Broche de ouro en Mos para a programación do 8M: as Xornadas “Con ollos de muller”

- Anuncio -spot_img

O 2 e o 3 de abril analizaranse no Pazo de Mos a legalidade e realidade laboral en clave feminina, contando entre as ponentes con Marián Mouriño, Presidenta do RC Celta, e coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Igualdade do Concello mosense, Leo Costas, presentaron esta mañá acompañados pola tamén edil mosense de Educación, Emprego e Participación Cidadá, Julia Loureiro, e polas directora e xurídica do CIM de Mos, Alba Bugarín e Ana Rodríguez Cabaleiro, respectivamente, a iniciativa que pon o broche de ouro á programación municipal conmemorativa do 8M en Mos. Trátase da 4º Edición das “XORNDAS DA MULLER” organizadas polo CIM de Mos que se celebrarán os vindeiros 2 e 3 de abril.

Estas xornadas, pola súa temática, actualidade e o interese das ponencias que estarán presentes, son de gran importancia e axuda, para calquera persoa ou profesional que traballe no ámbito social. Tamén resultan atractivas e instructivas de forma especial para todas aquelas persoas que, polo seu traballo, están en contacto coa realidade, e precisan manterse o día coa legalidade neste ámbito. A inscrición pódese facer a través do seguinte enlace: https://forms.gle/9UnN1BUg8YGbvwfF8   ou no enderezo electrónico xornadas.8m.mos@sifservicios.com.

As xornadas celebraranse en horario de tarde, de 17 a 20 horas, no Pazo de Mos. E estas IV Xornadas da Muller levan por título “Con ollos de muller. Legalidade e Realidade”.

O programa das xornadas comezará o MÉRCORES 2 DE ABRIL ás 17.00 horas coa inauguración e presentación a cargo de Ana Mª Rodríguez Cabaleiro (Avogada do CIM de Mos). Para continuar cuna mesa redonda integrada por Marián Mouriño Terrazo, Presidenta do Real Clube Celta de Vigo que falará de “Muller no Deporte Rei”, por Nidia Arévalo Gómez, Alcaldesa de Mos, que falará sobre “Unha muller nas Cortes”, por Paula Blasco Muela, Fiscal, que falará dunha “Muller entre togas”, e Sonia Esperanza Rodríguez Boente, Doctora pola USC e Delegada do Rector falando sobre a “Muller no mundo universitario”. Esta mesa redonda estará moderada por Bibiana Villaverde, xornalista de Radio Voz.

O XOVES 3 DE ABRIL ás 17.00 horas comezará a mesa redonda con Bibiana Villaverde, xornalista de Radio Voz, tratando sobre os retos do periodismo fronte a violencia de xénero; e na que poarticiparán unha representante da Unidade de Atención á Familia e a Muller de Vigo (UFAM), unha representante do Instituto de Medicina Legal de Galicia de Santiago (IMELGA), e unha representante do Centro de Crise (Ana Riera Táboas. Médico forense integrandte UVFl. Subdirección Territorial de Vigo. IMELGA-Instituto de

Medicina Legal de Galicia e Sonia Calvo Tato, Coordinadora e asesora xurídica do Centro de Crise 24 h de atención vítimas de violencia sexual de Vigo). Contando como moderadora con Ana Mª Rodríguez Cabaleiro, Avogada do CIM de Mos. O prazo de inscrición nestas xornadas permanecerá aberto ata o 1 de abril. 

Publicacións Relacionadas