HomeO MorrazoBueuBueu acolle este sábado o I Entroidos do Sur de Pontevedra

Bueu acolle este sábado o I Entroidos do Sur de Pontevedra

- Anuncio -spot_img
  • A xornada incluirá unha mesa redonda e unha saída das figuras de Entroido
  • O obxectivo é reivindicar e dar a coñecer os entroidos tradicionais de diversos lugares do sur pontevedrés

A vila de Bueu acollerá o vindeiro sábado, 8 de novembro, o I Encontro de Entroidos do sur da Provincia de Pontevedra, que se insire no marco da programación das Festas do San Martiño.

A xornada arrancará no Centro Social do Mar ás 12.00 horas cunha mesa redonda na que participarán José Manuel Dopazo Entenza, investigador local que levou a cabo un gran traballo a prol do coñecemento dos entroidos da nosa vila e que falará dos vascalleiros; Ismael Pato Pérez, de Currumiños de Mos; e Jonathan Zúñiga, de Perriñas e Mudados de Ribadetea (Ponteareas). A conversa será moderada por Hadrián Román e nela falarase dos entroidos e das diversas figuras.

Pola tarde, a partir das 16.30 horas, sairán dende o Centro Social do Mar e polas rúas da vila as figuras do Entroido que rematarán na carpa dos Xardíns de Urbano Lugrís. Dende o Concello de Bueu convidan á cidadanía a disfrazarse de vascalleiros, que é a tradición entroideira tradicional da vila e a participar no desfile.

Publicacións Relacionadas