HomeO MorrazoBueuBueu acolleu un curso de manipulador de alimentos con preto dunha vintena...

Bueu acolleu un curso de manipulador de alimentos con preto dunha vintena de persoas

- Anuncio -spot_img

Preto dunha vintena de persoas participaron este mércores no curso de manipulación de alimentos organizado pola Federación Pola Igualdade da Provincia de Pontevedra (FEMUPO) e o Concello de Bueu, e que se celebrou na Sala Multiusos do Centro Social do Mar.
No acto de entrega de diplomas estivo Laura Ogando, concelleira de benestar social e igualdade, quen salientou a importancia de políticas que camiñen na formación da cidadanía.

Esta iniciativa forma parte do Plan Corresponsables do colectivo pontevedrés, e está financiada polo Ministerio de Igualdad do Goberno de España, a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

Publicacións Relacionadas