Home Pontevedra Baixo Miño Cafés a prol da igualdade no Rosal

Cafés a prol da igualdade no Rosal

- Anuncio -

O Concello pon en marcha unha iniciativa que busca crear un espazo de reunión íntima entre mulleres para falar de diferentes temas de interese

Os encontros serán o último xoves de mes ata maio de 17.30 a 18.30 h en establecementos hostaleiros rosaleiros

Crear un espazo de reunión íntima entre mulleres para falar de temas de interese, unha burbulla de lecer persoal dunha hora ao mes na que poder conversar como se se estivera cun grupo de amigas. Ese é o obxectivo dos ‘Cafés en igualdade’, unha iniciativa posta en marcha polo Concello do Rosal que arranca este mes de xaneiro e que busca ser un balón de osíxeno para todas aquelas mulleres que loitan cada día para conseguir unha conciliación familiar, laboral e persoal real.
“Cando falamos de conciliación sempre pensamos na necesidade de compatibilizar o traballo remunerado co doméstico e coas responsabilidades familiares. Non obstante, non debemos esquecer que tamén é moi importante dispoñer de tempo para o desenvolvemento persoal de cada unha. E iso é precisamente o que queremos crear cos ‘Cafés en igualdade’, un recuncho no que deixar a un lado todas as obrigas diarias para conversar con outras mulleres como se estiveramos cun grupo de amigas”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
O obxectivo é planificar encontros interesantes para mulleres nun horario diferentes, moitas veces aproveitando os tempos mortos de obrigas cotiás como poden ser as esperas mentres fillos e fillas están nas actividades extraescolares. Por este motivo a actividade desenvolverase soamente os últimos xoves de cada mes ata maio en establecementos hostaleiros do Rosal e durarán 60 minutos en horario de tarde (de 17.30 a 18.30 horas. Como salienta a rexedora, “queremos crear un ambiente íntimo compartido entre mulleres mo que a relatora máis que unha persoa que expón un tema sexa quen de acompañar e interactuar coas persoas asistentes, creando un espazo de confianza cómodo e agradable”.
Os ‘Cafés en igualdade’ arrancarán este xoves 26 de xaneiro falando de ‘Deporte e autocoidado. Actividade física, solo pelviano, saúde e benestar, efectos positivos que achega unha vida activa’. Será na Cafetería Juan, na rúa de Couso, e estará impartida por Ana González Portela, licenciada en deporte e actividades físicas e directora da piscina municipal da Guarda. O 23 de febreiro a charla estará centrada na maternidade, nas expectativas xeradas fronte á realidade, a frustración, os embarazos desexados e non cumpridos e a maternidade como elección e non como obriga. Será na Cafetería Nenza Xida, na Praza do Calvario, a cargo de Angelina Gándara, educadora social con ampla experiencia na formación a familias e coordinadora do programa ‘Somos familia, somos equipo’.
O 30 de marzo será a quenda de falar de empoderamento feminino e o rol das mulleres como coidadoras, como obriga ou satisfacción. Celebrada na Cafetería Liga de Amigos, na Praza do Calvario, a charla será impartida por Sara Uris, mestra e especialista en xénero e igualdade e creadora de Transformando Realidades. O xoves 27 de abril o tema será saúde integral feminina, sexualidade e pracer feminino, menopausia, sexualidade integral… A cargo da pedagoga, sexóloga, especialista en xénero e responsable de ‘Con xeito Sexología’ Erea Devesa, a charla será no Espazo Gastronómico Anexo ao Mercado, na Praza de Calvario.
Esta primeira edición dos ‘Cafés en igualdade’ rematará o 25 de maio cun encontro no que se abordará a presión estética, a ditadura da beleza feminina, os estereotipos de beleza e moda e a súa relación coa anorexia e a bulimia. Desenvolverase no Espazo Gastronómico Anexo ao Mercado, na Praza do Calvario, e será impartida por Andrea Iglesias, neuropsicóloga clínica e psicóloga xeral sanitaria especialista en saúde mental e terapias psicolóxicas.
O proxecto conta co financiamento do Ministerio de Igualdade a través de fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas