HomeTabeirósA EstradaCaldas de Reis, Cuntis, Moraña, Portas, A Estrada, Barro e Campo Lameiro...

Caldas de Reis, Cuntis, Moraña, Portas, A Estrada, Barro e Campo Lameiro reúnense para analizar opcións para consolidar o servizo de recollida do lixo de maneira conxunta

- Anuncio -spot_img

Representantes dos concellos de Caldas de Reis, Cuntis, Moraña, Portas, A Estrada, Barro e Campo Lameiro mantiveron na mañá deste martes unha reunión nas dependencias da Casa Consistorial caldense para sentar as bases que sirvan para poder impulsar un servizo de recollida e tratamento do lixo de carácter supramunicipal. Este encontro, que supón un primeiro paso para acadar este obxectivo, os alcaldes e mandatarios destes concellos limítrofes e próximos entre si acordaron elaborar un estudo que permita detallar as fórmulas máis axeitadas á hora de economizar e reducir os custos destra prestación.

Os asistentes á reunión acordaron poñerse en contacto coa Deputación Provincial de Pontevedra, coa intención de acadar a colaboración da máxima institución pontevedresa á hora de impulsar o devandito estudo. Tal e como explicaron os representantes municipais á conclusión do encontro, preténdese valorar que fórmula é a máis axeitada para que este servizo se xestione de xeito supramunicipal, como a creación dun consorcio ou a agrupación dos Concellos.

Os alcaldes valoran positivamente esta reunión e inciden na importancia de traballar de maneira conxunta, coa finalidade de garantir consolidar unha redución dos prezos mantendo unha recollida e tratamento do lixo da máxima calidade, tendo sempre coma obxectivo o ben común da veciñanza e
dos habitantes destes concellos.

Publicacións Relacionadas