Caldas de Reis lembra a Rosalía de Castro no 8 de marzo para apelar á contrución “dunha sociedade xusta e equilibrada estre homes e mulleres”

Redacción
Lectura mínima de 4

Numerosos veciños e veciñas participaron na Andaina pola Igualdade, na que participou o alcalde, Jacobo Pérez, membros da Corporación e representantes do tecido asociativo local

A edil de Igualdade, Rocío Ferro, leu o manifesto, no que fixo mención ao verso ‘Libre son, libre nacín’ da escritora de Padrón, “símbolo da dignidade e da defensa da liberdade”

Numerosos veciños e veciñas achegáronse este domingo ao Paseo Román López para participar nunha nova edición da Andaina Pola Igualdade, organizada polo Concello de Caldas. Este foi o acto central dunha programación na que o Concello pon o foco na necesidade de renovar o compromiso colectivo “coa contrución dunha sociedade máis xusta e equilibrada”. O roteiro, de 10 quilómetros de extensión e dificultade baixa, contou coa participación de representantes de diferentes asociación e da Corporación local, encabezados polo alcalde, Jacobo Pérez. A edil de Igualdade, Rocío Ferro, foi a encargada de proceder á lectura do manifesto antes do inicio da camiñata. A concelleira socialista citou a Rosalía de Castro, símbolo da dignidade e da defensa da liberdade, co verse “libre son, libre nacín”, palabras que, tal e como sinalou Ferro, “conservan toda a súa forza. Queremos que esa liberdade, proclamada con valentía, sexa hourizonte e reponsabilidade compartida”, afirmou.

Na súa intervención, a integrante do Goberno local animou á poboación “a permanecer xuntso nesta loita de defensa dos dereitos das mulleres e coa igualdade de portunidades para todas e todos”.

Ferro recordou que as administracións locais, pola súa proximidade á cidadanía, “teñen un papel esencial”, á hora de “integrar a perspectiva de xénero na planificación das políticas públicas, avaliar o seu impacto e asegurar que os recursos se destinen á redución das desigualdades”.

Esta é a folla de ruta que o Concello, a través da área de Igualdade, está a desenvolver. Ao mesmo tempo, o Goberno local incide en que “cómpre reforzar medidas que impulsen a igualdade salarial e de oportunidades, fomentar a corresponsabilidade nos coidados e favorecer a conciliación persoal, familiar e laboral”.

Hoxe, ás 19.00 horas, o Auditorio Municipal acolle a proxección da curtametraxe ‘Pura’, dirixida e producida por Carmen Méndez. Trátase dunha obra premiada cun Mestre Mateo en 2025 e que tamén conta cos galardóns do público e mellor curtametraxe gelga no Festival de Cine de Roca, ademais da mellor dirección de curta documental nos Premios Crea. Á súa finalización haberá unha charla-coloquio.

A programación do 8M continuará o día 15, ás 17.30 horas. O Paseo das Palmeiras será escenario do espectáculo ‘Sue Moreno 4.0’, destinado a un público familiar, no que se combina a música en directo, o teatro e técnicas aéreas de circo a 5 metros de altura, co humor como fío condutor da proposta. O ‘show’ é unha invitación á sociedade para que cuestione estereotipos de xénero, así como para que recoñeza o valor do traballo (remunerado ou non) das mulleres, promovendo unha mensaxe de igualdade, respecto e xustiza social. O programa pecharase o sábado 21 de marzo cunha excursión á Ribeira Sacra. Esta xornada de convivencia está dirixida a mulleres maiores de idade.

Comparte este artigo