Home O Salnés A Illa de Arousa Arranca "Bailando a Terra", o ambicioso programa da Deputación que espallará a...

Arranca “Bailando a Terra”, o ambicioso programa da Deputación que espallará a danza por espazos naturais de Caldas, A Illa, Poio, Forcarei e Tui

- Anuncio -

Comezará este venres, 8 de xullo ás 20.30 horas, na carballeira de Caldas de Reis coa actuación de Trébede, cun espectáculo dirixido por Miguel Sotelo que mestura o estilo tradicional coa música en directo

“Bailando a Terra” continuará na Illa de Arousa o 5 de agosto, o 6 en Poio, o 13 en Forcarei e o 23 en Tui

A Deputación de Pontevedra segue a espallar cultura por todos os recunchos da provincia cunha completa programación para o verán e lanza desde este venres “Bailando a Terra”, o novidoso programa que espallará a danza por escenarios naturais ao aire libre como bosques, carballeiras, praias, cabos e espazos de patrimonio fluvial e marítimo de cinco concellos: Caldas, A Illa de Arousa, Poio, Forcarei e Tui. A carballeira de Caldas de Reis será este venres o tiro de saída da iniciativa coa actuación de Trébede ás 20.30 horas, cun espectáculo dirixido por Miguel Sotelo que mestura o estilo tradicional coa música en directo. A entrada ao espectáculo de Caldas, e aos restantes que se van executar no marco de “Bailando a Terra”, será libre ata completar o aforo.

Tralo paso por Caldas, o programa de danza chegará o 5 de agosto ata a Illa de Arousa, coa compañía Nova Galega de Danza, que actuará ás 21.00 horas no Edificio de usos náuticos para ofrecer o espectáculo “Leira no Camiño”, baixo a dirección artística de Jaime Pablo Díaz. Tamén en agosto, o día 6, o programa recalará en Poio, concretamente no xardín da Capela da Virxe da Renda, onde a escola de Baiona Galicia en Danza ofrecerá o espectáculo “As 4 estacións”, con danza contemporánea, ballet, jazz, acro e danza tradicional, ás 20.30 horas. O día 13 de agosto a escola de danza lalinense Maisquedanza ofrecerá “Danzando na terra” na carballeira de Soutelo, en Forcarei, ás 20.30 horas, un espectáculo de fusión de danza urbana, contemporánea e tradición, con sinerxías co teatro, dirixido por Marta Maceira. O peche do programa terá lugar o 23 de setembro no paseo fluvial de Tui coa escola de danza Unidance e o seu espectáculo “Os 4 elementos”, dirixido por Alejandra Teixeira, no que une danza urbana, contemporánea e tradición, con acrobacia e un número con lume.

“Bailando a Terra”, co que colaboran compañías profesionais como Nova Galega de Danza e Trébede e escolas de danza da provincia como Maisquedanza, Galicia en Danza e Unidance, enmárcase na programación “Con-Fiando Cultura”.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas