HomePontevedraCaldasO goberno local de Caldas de Reis insta á Xunta de Galicia...

O goberno local de Caldas de Reis insta á Xunta de Galicia a que reabra a terceira Unidade de Infantil do CEIP San Clemente 

- Anuncio -spot_img

O alcalde, Jacobo Pérez, e o tenente de alcalde, Manuel  Fariña, acompañaron a un grupo de representantes da  ANPA á Xefatura Territorial de Educación, en Pontevedra,  onde fixeron entrega dunhas 1.400 firmas en apoio da  reactivación da unidade suprimida polo Goberno  autonómico do Partido Popular a finais do curso 2023- 2024 

O bipartito lembra que existen prazas suficientes para  retomar a actividade esta unidade e considera que “non  hai razóns para manter ese peche”, tendo en conta a  demanda existente 

O alcalde de Caldas de Reis, Jacobo  Pérez, e o tenente de alcalde, Manuel Fariña, acompañaron na tarde deste  mércores a unha delegación Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) do  CEIP San Clemente ata as dependencias da Xefatura Territorial de Educación da Xunta de Galicia, en Pontevedra, onde se fixo entrega dun documento que  inclúe preto de 1.400 firmas en favor da reapertura da terceira Unidade de  Educación Infantil, suprimida polo Goberno autonómico do Partido Popular a  finais do curso pasado (2023-2024). Unha unidade que, tal e como lembra o  bipartito e o tecido educativo do colexio caldense, a propia Consellería de  Educación se comprometeu a reactivar ante a Valedora do Pobo. 

O Goberno local salienta que estas rúbricas, recollidas en pouco máis dunha  semana, deixan patente o respaldo do que goza a petición formulada pola ANPA.  Tanto Jacobo Pérez como Manuel Fariña volveron incidir en que existe unha  demanda de prazas máis ca suficiente como para que a Xunta de Galicia reabra  a terceira unidade de Educación Infantil. O Concello de Caldas de Reis e a  asociación de nais e pais do centro educativo lembran que, ante o elevado  número de peticións de matriculación, o feito de que non se reabra esa unidade  conlevaría a realización dun proceso de baremación, que provocaría que varios  solicitantes quedasen sen praza. 

O Goberno municipal ten claro que a Xunta de Galicia debe ter en conta as  demandas da comunidade escolar e reabrir a terceira Unidade de Educación  Infantil, xa que “os números dan”. Ademais, os dirixentes locais volveron deixar  patente a súa oposición á política de recortes aplicada polo Partido Popular en  eidos tan importantes como o da educación ou da sanidade, que son “servizos  esenciais e de primeira necesidade para toda a cidadanía”.

Publicacións Relacionadas