HomePontevedraCaldasAs obras de substitución da pasarela na N-550 en Pontecesures obrigarán a...

As obras de substitución da pasarela na N-550 en Pontecesures obrigarán a desviar o tráfico polo centro do pobo nas noites do 27 e 28 de Nadal

- Anuncio -spot_img

O Concello de Pontecesures vén de avisar á veciñanza de que por mor das obras de substitución da pasarela peonil emprazada na N-550, na contorna da propia casa consistorial, será preciso reorganizar o tráfico rodado na zona. As obras darán comezo a próxima semana, polo que o tráfico que habitualmente discorre pola Nacional será desviado polas rúas do centro de Pontecesures nas noites do martes 27 e mércores 28 de decembro, en horario de 3:00 a 7:00 horas.

O alcalde, Juan Manuel Vidal Seage, lamenta as molestias que estas modificacións temporais do tráfico poidan producir na veciñanza, ao tempo que lle solicita “a máxima precaución e colaboración durante eses días para poder levar a cabo as obras o mellor posible e sen ningunha incidencia”.

Publicacións Relacionadas