Home Pontevedra Caldas O centro urbano de Pontecesures acollerá mañá mércores a visita do Apalpador...

O centro urbano de Pontecesures acollerá mañá mércores a visita do Apalpador e o xoves a cabalgata dos Reis Magos

- Anuncio -

O Concello de Pontecesures recibirá esta semana dúas visitas dirixidas aos máis pequenos da casa: o Apalpador e os Reis Magos de Oriente. O Apalpador, figura tradicional do Nadal en Galicia, percorrerá as rúas do centro urbano de Pontecesures este mércores 4 de xaneiro, a partir das 11:00 horas, acompañado do seu compañeiro acordeonista Servando Barreiro e o seu burro Río Lor.

Música, baile e divertidas anécdotas polas rúas do municipio grazas á colaboración do Concello de Pontecesures co Departamento de Lingua da Deputación de Pontevedra, dentro da oitava edición do programa “Nadal en Galego”. Unha iniciativa que busca fomentar o coñecemento da tradición de Nadal propia de Galicia e que os máis cativos se familiaricen coa personaxe.

Cabalgata de Reis

Un día despois, o xoves 5 de xaneiro terá lugar a tradicional Cabalgata de Reis polas rúas de Pontecesures. A comitiva real partirá ás 17:00 horas da nave de obras e fará un percorrido polas rúas do centro urbano, que estarán cortadas ao tráfico rodado con desvíos previamente sinalizados. Melchor, Gaspar e Baltasar serán recibidos na Plazuela polo alcalde, Juan Manuel Vidal Seage, á fronte da corporación municipal.

Ademais da tradicional recepción das Súas Maxestades con reparto de lambonadas entre a rapazada, o Concello de Pontecesures ten preparado tamén o espectáculo de animación “MeRe-cidamente”, a cargo do clown David Merelas. Unha actuación de 50 minutos para todos os públicos que combina clown, malabares e equilibrios e no que prima a participación e a interacción co público.

Relacionadas

Luis López preside o Pleno do Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do...

0
O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Luis López, xunto cos deputados provinciais Javier Tourís e Alejandro Lorenzo, presidiron esta mañá o Pleno do...

O Concello de Bueu organiza o 3 e 4 de maio as “Xornadas abertas...

0
• Carmen García, concelleira de cultura, salienta que o obxectivo é fomentar a participación da veciñanza e dos colectivos na Festa das Alfombras Florais...

A Deputación concede 13.000 euros do Plan de Infraestruturas Deportivas á Illa de Arousa...

0
A través deste plan distribuíronse xa máis de 1,8 millóns de euros entre 30 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes A Deputación de...

O BNG lanza unha campaña de recollida de sinaturas para solicitar a creación de...

0
A primeira mesa informativa para a recollida de sinaturas estará dispoñible o xoves, 25 de abril, a partir das 11:00 horas na rúa Almuíña O...

O BNG organiza este venres en Soutomaior un acto sobre a importancia da Atención...

0
O BNG de Soutomaior vén de anunciar que levará a cabo un acto informativo sobre a importancia da Atención Primaria este venres, 26 de...

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Publicacións Relacionadas