Home Pontevedra Caldas A alumnado do Colexio coñece o novo servizo de Punto Limpo Móbil...

A alumnado do Colexio coñece o novo servizo de Punto Limpo Móbil que poñen en marcha os concellos de Portas, Campo Lameiro e Moraña

- Anuncio -

No acto divulgativo no centro educativo estiveron presentes o alcalde, Ricardo Martínez, e a concelleira Ana Peña e salientaron a importancia de implicar á mocidade no proceso de separación e reciclaxe de residuos domésticos

O alcalde de Portas, Ricardo Martínez, e a concelleira Ana Peña asistiron ao colexio para participar nunha iniciativa divulgativa sobre a entrada en funcionamento do novo sistema de Punto Limpo Móbil que percorre os distintos lugares do municipio así como os dos concellos de Campo Lameiro e Moraña.

Durante o encontro co alumnado, presentouse este novo servizo que permitirá facilitar un novo modelo de reciclaxe para diferentes residuos que se pon ao carón da veciñanza para xerar maior impacto e facilitar a correcta xestión dos residuos domésticos.

O funcionamento do servizo está baseado nun camión e unha plataforma que se deixa no lugar desexado, a cal está dividida nas diferentes fraccións nas que se pode separar con eficiencia para reciclar, como por exemplo os pequenos electrodomésticos, pilas, papel, vidro, entre outros residuos.

SENSIBILIZAR ÁS NOVAS XERACIÓNS SOBRE A RECICLAXE

Con esta iniciativa pretende sensibilizar á mocidade, en particular, e á veciñanza, en xeral, na necesidade de reciclar para protexer o medio ambiente e loitar contra o cambio climático.

Segundo o alcalde, Ricardo Martínez, “con esta iniciativa pretendemos achegar aos cativos esta nova propota para fomentrar a conciencia cidadá na importancia da separación e da reciclaxe. Queremos animar a todos os veciños e veciñas a separar correctamente os residuos e usar este novo servizo para facilitar esta acción de futuro e baseada nunha maior concienciación cívica sobre a importancia de reciclar e de defender o medio ambiente”.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas