HomeVigoBaionaCambio na programación do Nadal no BaiNadal 2025

Cambio na programación do Nadal no BaiNadal 2025

- Anuncio -spot_img

O Concello de Baiona informa dun cambio na programación do Nadal Bainadal previsto para este venres 19 de decembro, ás 19:00 horas, na carpa instalada na Praza do Concello.

O Coro de Homes Voces Baionesas comunicou ao Concello a imposibilidade de celebrar o seu tradicional Concerto de Nadal, polo que dita actuación, incluída inicialmente na programación, queda suspendida.

Con todo, e co obxectivo de manter a oferta cultural e musical destas datas, o Concello reorganizou a programación e en substitución deste concerto celebrarase a actuación de Pablo Alonso, titulada “A voz do recordo”.

Pablo Alonso ofrecerá un concerto en directo no que interpretará boleros, rancheiras, rumbas, cumbias, música galega e outros ritmos, nun espectáculo pensado para todos os públicos. Trátase dunha proposta musical chea de alegría e moito sentimento, concentrada nunha soa voz.

Desde o Concello de Baiona agradecemos a comprensión do público e anímase á cidadanía para acudir e gozar deste concerto cheo de emoción e proximidade, a voz de Pablo Alonso.

Publicacións Relacionadas