Cambio no Grupo Municipal do BNG

adminON
Lectura mínima de 1

Vanesa Iglesias vén de presentar a renuncia á súa acta de concelleira por incompatibilidades laborais co servizo público.

O BNG da Estrada quere agradecer o traballo desenvolvido por Vanesa ao longo de todos estes meses, un traballo entusiasta e en positivo, na procura sempre dunha vida mellor para os veciños e veciñas do noso concello.

O baleiro que deixa Vanesa no grupo municipal será ocupado por Ricardo Castro Camba, que se ía de número 2 na candidatura do BNG. Ricardo ten 29 anos e é biólogo de profesión.

Comparte este artigo