Home Vigo O Porriño "Camiñantes e Cantantes" chega ao Porriño este domingo

“Camiñantes e Cantantes” chega ao Porriño este domingo

- Anuncio -

• Será o domingo 18 de setembro, a partir das 21 h, na praza Arquitecto Antonio Palacios e contará con La Ocaband e reputados artistas galegos como Lucía Pérez, Laura Añón, Manuel Manquiña ou Pepo Suevos

O espectáculo “Camiñantes e Cantantes” chega ao Porriño este domingo 18 de setembro. O musical, que conta coa financiación da Xunta de Galicia ao abeiro do Xacobeo 22 e a colaboración do Concello do Porriño, foi presentado hoxe na casa consistorial.

“Trátase dun espectáculo totalmente en galego dirixido a un público familiar e coa agrupación La Ocaband como protagonista que contará con artistas galegos de primeiro nivel como Lucía Pérez e Laura Añón, que acompañarán ás voces da agrupación musical, ou Manuel Manquiña e Pepo Suevos, que participarán guiando o evento”, explicou o director artístico do evento, Dani Dopazo.

La Ocaband conseguirá que o público camiñe, a través dos artistas galegos de todos os tempos, polas distintas rutas xacobeas, guiados pola zona do artista en cuestión ou a través de recoñecidos temas de Fuxan os Ventos e A Roda, ou de reputados artistas galegos como Juan Pardo, Julio Iglesias, Cómplices ou Siniestro Total, entre outros.
“Ademais, contará tamén cun importante aporte audiovisual”, informou o produtor, Carlos Alleres, “As imaxes do Camiño de Santiago, gravadas con drone e outras técnicas de última xeración, formarán parte dos visuais que aparecen nas pantallas multimedia do espectáculo”.
“Camiñantes e Cantantes” emitirase en directo a través da canle de televisión A Nove, en TDT a través de todo o Eixo Atlántico. Tamén vía streaming en directo a través do YouTube de A Nove. Cabe destacar que antes de dar comezo o musical emitirase un programa de entrevistas a persoeiros destacados da veciñanza da vila.
“O Porriño é un encrave importante do Camiño Portugués e queremos poñelo en valor”, concluíu o rexedor, “Por iso actividades como esta son sempre benvidas. Convidámosvos a todos a pasar un bo rato xuntos”.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas