Campamento diabetes

adminON
Lectura mínima de 2

ANEDIA, asociación de meniñas, nenos e xente nova con diabetes de Galicia, realiza por terceiro ano un campamento para nenos e nenas con diabetes na Illa de Ons do 21 ao 28 de agosto nas instalacións do campamento da Xunta de Galicia. Participan 46 nenos de idades comprendidas entre os 12 e 17 anos acompañados de 4 monitores e 12 voluntarios que axudan na parte de diabetes, para que os nenos e nenas poidan gozar dun campamento onde se busca a diversión sen que a diabetes sexa un impedimento para iso, e onde aprenden e repasan sobre diabetes sen apenas darse conta, nunha contorna onde levar un sensor ou unha bomba non supoña que se che sinala por diferente. Para este campamento contamos co apoio da área sanitaria de Pontevedra.

Os participantes realizan todo tipo de actividades na illa de Ons, pero ademais terán dúas saídas a porto para realizar actividades, o sábado 24 na Praia de Baltar realizasen unha actividade de kaiak co club de Piragüismo de Portonovo e o luns día 26 un scape room polas rúas e praias de Portonovo, unha actividade que está coordinada co concello de Sanxenxo, e preparada polo servizo de endocrinoloxía e nutrición de Montecelo a dirección da área sanitaria.

Neste scape room urbano sobre diabetes os participantes, farán un roteiro con saída no Porto de Baltar, pasando pola Praia de Cañeliñas, a praza de abastos, o cento de saúde de Baltar e finalizando de novo na Praia de Baltar coa entrega de premios, en cada etapa realizasen unha proba onde poñerán a proba os seus coñecementos sobre diabetes.

Comparte este artigo