Campamento urbano de verán 2024 do concello da Guarda: apertura do prazo de solicitude

adminON
Lectura mínima de 2

Entre o 13 e o 31 de maio estará aberto o prazo para solicitar praza no campamento urbano de verán. O campamento desenvolverase durante os meses de xullo e agosto  en horario de 9 a 14  horas como horario principal e de 8 a 15 horas como horario ampliado segundo necesidades de cada familia. A actividade está dirixida a nenas e nenos de 4 (nacidos no 2020) a 12 anos.

O principal obxectivo desta actividade é a de conciliar vida familiar e laboral a través de actividades educativas e lúdicas coas que dinamizar o tempo de lecer que representa o verán tras rematar o período lectivo.

Os rapaces e rapazas terán unha alternativa de ocio dinámico e educativo a través de talleres, xogos, actividades deportivas, etc  pero sobre todo compartirán un espazo de  convivencia diferente.

As bases e solicitude poderanse consultar e/ou obter na web www.aguarda.es ou na sede electrónica da entidade. As solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica do Concello https://aguarda.sedelectronica.gal  ou presencialmente no Rexistro municipal de 9 a 14 horas de luns a venres

Se a entrega da documentación non a realiza a persoa solicitante( nai/pai/titor/a legal) deberá achegar xunto á solicitude, unha autorización asinada pola persoa interesada.

Comparte este artigo