Home Pontevedra Campo Lameiro Campo Lameiro homenaxea aos pioneiros que nos anos 70 puxeron en marcha...

Campo Lameiro homenaxea aos pioneiros que nos anos 70 puxeron en marcha a Festa d@s Moz@s

- Anuncio -

O Concello fíxolles entrega dun agasallo conmemorativo e un sonado e emotivo aplauso recolleu o agradecemento do numeroso público presente no festival musical protagonizado por A Roda, A Banda da Balbina e Astarot.

A recuperación da Festa d@s Moz@s por parte do Concello de Campo Lameiro converteuse nun emotivo acto de homenaxe a toda unha xeración de xóvenes que nos anos 70 foron quen de poñer en marcha o festival folcórico galego máis importante do momento no que se daban cita cantantes e agrupación musicais da talla de Suso Vaamonde, Amancio Prada, Fuxan Os Ventos, Luar na Lubre, A Roda, etc.

O Concello de Campo Lameiro aproveitou a recuperación desta festa para facer entrega duns agasallos conmemorativos a unha vintena de persoas que no ano 1977 (hai 45 anos) decidiron poñer en marcha o que se chamaría a Festa d@s Moz@s de Campo Lameiro.

Os homenaxeados, que recibiron un prazo de Sargadelos cunha inscrición na que se reflicte o agradecemento do pobo de Campo Lameiro polo seu labor, foron Antonio Caneda, Gloria Fernández, Suso Xuncal, Pili Freitas, Marisol Freitas, Manuel Barros, Ana Caeiro, Pepe Maquieira, Amparo Martínez, Maruja Martínez, Pili Fernández, Gonzalo Silva e Enrique Prieto.

A Festa deste ano, que retoma a súa celebración tras 30 anos de ausencia, recordou aqueles tempos nos que a rapazada era a auténtica protagonista da xornada e así volveron poñer en marcha xogos populares que fixeron lembrar a máis de un aqueles tempos.

A organización tamén fixo un labor importante de recopilación de vellas imaxes e mesmo filmacións en Super-8 que foron rescatadas para realizar un vídeo de lembranza do que foran aquelas edicións pasadas da Festa d@s Moz@s. O vídeo serviu de fondo para as actuacións que se foron sucedendo no escenario montado para a ocasión.

Abriu o concerto dun xeito simbólico A Roda, agrupación musical carismática e que serviu de ponte entre as celebracións do pasado, nas que xa estivera este mítico grupo con outros compoñentes, e a nova xeración que tomou o relevo e recuperou a estirpe deste elenco de artistas que seguen mantendo viva a música popular.

Ao final, Manoele de Felisa non puido actuar como era o seu desexo e continuou na grella do concerto a Banda da Balbina que coa súa forza, ímpetu, bo humor e excelentes dotes musicais cautivou de seguido ao público establecendo unha relación de complicidade moi especial que engrandeceu aínda máis o espectáculo.

Para rematar a xornada interviu o mítico grupo de rock-folk galego Astarot que lembrou os seus temas tradicionais e versionou varias cancións galegas co seu particular e xenuino estilo que fixo bailar ao público presente na Praza do Concello.

O alcalde, Carlos Costa, valorou moi positivamente a recuperación da Festa d@s Moz@s e agradeceu a toda unha xeración “á que lle debemos tanto e que merecía este recoñecemento por parte da veciñanza de Campo Lameiro xa que eles, co seu traballo, a súa ilusión e o seu corazón, moveron ceo e terra para conseguir facer da nada unha festa e un festival de referencia para toda Galicia nun momento moi complicado e difícil como foi a Transición. Campo Lameiro estivo aí grazas a eles e moitos grupos e cantantes que hoxe son moi coñecidos estaban daquela arrancando e tiveron nesta Festa e nestas persoas que agora homenaxeamos un impulso moi importante para as súas carreiras”, indicou Costa.

“A Festa de hoxe serviu de homenaxe a todos eles, aos que estaban, pero tamén a toda esa xeración que decidiron dar un paso adiante e demostrar que con traballo e con esforzo pódense conseguir moitas cousas e eles puxeron a Campo Lameiro no mapa dos festivais de música folk de Galicia a moi alto nivel. Esta foi unha homenaxe de todo o pobo e agora, despois do éxito, seguramente que retomaremos desde o Concello a continuidade e sucesivas edicións da renovada Festa d@s Moz@s”, concluiu o alcalde Carlos Costa.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

0
-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de...

Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

0
Celebrarase sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença con máis de 400 persoas en competición en cada xornada. A Eurocidade confírmase coma...

A mocidade tomiñesa apúntase aos bailes de serán

0
A OMIX de Tomiño organiza un obradoiro no que aprender as primeiras nocións do baile popular galego A mocidade tomiñesa lánzase a bailar. A OMIX...

Publicacións Relacionadas