Home Pontevedra Campo Lameiro Campo Lameiro recupera os servizos bancarios presenciais cunha unidade móbil de Abanca...

Campo Lameiro recupera os servizos bancarios presenciais cunha unidade móbil de Abanca que atendeu a un cento de clientes en toda a mañá

- Anuncio -

O alcalde segue pensando que é máis eficiente para a entidade bancaria reabrir a oficina que desprazar un autobús e tres empregados ata o municipio

Os veciños e veciñas de Campo Lameiro recuperaron esta mañá o servizo bancario presencial a través de unha unidade móbil desprazada ata a Praza do Concello por Abanca que permitiu atender desde as 9 ás 14 horas a un cento de persoas, a gran maioría de idade avanzada.

En cumprimento ao compromiso adquirido polos responsables territoriais de Abanca e o alcalde do Concello de Campo Lameiro, Carlos Costa, esta mañá chegou puntual a unidade móbil para prestar o servizo bancario presencial tres días á semana, tal e como estaba previsto e serán os martes e xoves (de 9 a 14 horas en horario ininterrumpido) e mércores pola tarde, de 17 a 19 horas, así como os días 4 e 20 de cada mes (de 9 a 24 horas), coincidindo cos días de Feira.

Xa con anterioridade o pasado 24 de setembro técnicos de Abanca procederon a deixar totalmente operativo o Caixeiro Automático de última xeración con todas as funcións activadas como a retirada e ingreso de efectivo, pago de recibos e impostos con tarxeta ou libreta, transferencias e traspasos, solicitude de movementos, etc.

Desde primeira hora da mañá fóronse dando cita nas inmediacións da Praza do Concello un bo número de persoas, a maioría de idade avanzada, que precisaban facer xestións na unidade móbil bancaria estacionada nas inmediacións do Consistorio.

O alcalde Carlos Costa valorou positivamente que se recuperaran os servizos bancarios presenciais no municipio aínda que puxo en dúbida a eficiencia da medida por parte de Abanca xa que dispón de oficina en propiedade. “Certamente non vemos como lles pode resultar máis vantaxoso trasladar un autobús e tres operarios nesta unidade móbil en lugar de abrir a oficina que teñen aquí, perfectamente adaptada, amplia, moderna e con todas as comodidades e que era moitas veces atendida por unha soa persoa. En fin, son cousas que terán que analizar eles”, indicou o alcalde.

MELLORAR A ACCESIBILIDADE Á UNIDA MÓBIL DAS PERSOAS MAIORES CON PROBLEMAS DE MOBILIDADE

Tamén anunciou o rexedor que se poría en contacto cos responsables territoriais de Abanca para solicitarlle medidas que faciliten un mellor acceso á unidade móbil bancaria xa que presenta dúas escaleiras un tanto incómodas para as persoas con dificultades de mobilidade. “Pedirémoslles que faciliten a mobilidade e o acceso a persoas en cadeira de rodas porque estas escaleiras non parecen as máis axeitadas. A ver si poden colocar unha pequena rampla que favoreza a accesibilidade ao autobús”, sinalou o rexedor.

Finalmente, o alcalde agradeceu aos grupos da Corporación Municipal e aos veciños e veciñas a súa implicación na reivindicación dos dereitos de acceso aos servizos bancarios presenciais da veciñanza de Campo Lameiro e manifestou o seu desexo de seguir dialogando para convencer da idoneidade de reaperturar a oficina que Abanca ten na vila aínda que sexa cos horarios e os servizos agora acordados.

Relacionadas

A concello abre o prazo de inscrición para participar no XXXIX Festival dos Maios

0
Organiza este concurso, dotado con 300 euros en premios, en colaboración coa asociación de veciños Santa Columba de Bértola O Concello de Vilaboa convoca a...

A Biblioteca Pública de Baiona consolídase como un referente

0
A Biblioteca Pública continúa celebrando o mes do libro con novas adquisicións tanto para adultos como para nenos, mantendo o seu compromiso de actualizar...

O Erizana C.F. asegura o ascenso a Primeira Galicia

0
O Erizana Club de Fútbol logrou asegurar o seu ascenso a Primeira Galicia tras unha destacada vitoria a domicilio fronte ao Vila do Corpus,...

Luis López traslada ao alcalde de Vilanova que a Deputación ultima o proxecto da...

0
O presidente provincial, acompañado polo deputado Javier Tourís, mantivo unha reunión co rexedor vilanovés para abordar asuntos de interese mutuo para as dúas institucións O...

Literatura, flores e música na Feira do Libro de Segunda Man do Rosal

0
Celebrarase este domingo 21 de abril na Praza do Calvario de 11.00 a 20.00 horas O Rosal prepárase para conmemorar o Día do Libro por...

O BNG inicia unha ofensiva institucional para a cesión das vivendas da Sareb a...

0
A fronte nacionalista traslada iniciativas no Concello, no Parlamento galego e no Congreso para que o ‘banco malo’ destine os centos de inmóbeis que...

Publicacións Relacionadas