HomePontevedraCampo LameiroCampo Lameiro, un dos 10 concellos finalisas de toda España que opta...

Campo Lameiro, un dos 10 concellos finalisas de toda España que opta a ser declarado “Capital do Turismo Rural 2023”

- Anuncio -spot_img

É o único municipio de Galicia que aspira a esta distinción que otorga EscapadaRural a través dun proceso de votación popular

O concello de Campo Lameiro acaba de ser elixido para ser un dos 10 aspirantes de toda España que optan a lograr a distinción como “Capital do Turismo Rural 2023” promovido polo portal EscapadaRural e que se decidirá por un proceso de votación popular que se coñecerá o vindeiro 27 de abril.

Xunto a Campo Lameiro están seleccionados como finalistas Bocairent (Valencia), Candeleda (Ávila), Cardona (Barcelona), Colmenar de Orella (Madrid), Elche de la Sierra (Albacete), Nalda (A Rioxa), Ricote (Murcia), Segura de León (Badaxoz) e Zerain (Guipúscoa) que son os outros 9 concellos finalistas da VII edición da Capital do Turismo Rural. Mañá ás 16 horas, representantes destes municipios daranse cita no salón B-Travel de Barcelona para recoller o seu galardón de finalistas.

O gañador desta iniciativa, impulsada por EscapadaRural, será elixido por votación popular e o seu nome darase a coñecer o 27 de abril. Desde hoxe ata o 24 de abril, os viaxeiros poden votar ao seu destino rural preferido a través do site: https://www.escapadarural.com/acciones/capital-turismo-rural/edicion-2023

A Capital do Turismo Rural é o certame que distingue o destino rural favorito dos viaxeiros en España e que ten como obxectivo dar visibilidade aos municipios que apostan polo desenvolvemento do turismo rural.

EscapadaRural, a plataforma dixital especializada en turismo rural máis importante de España con máis de 18.000 aloxamentos rurais no noso país e 2.000 en Portugal , anunciou hoxe o nome dos 10 finalistas da VII edición da Capital do Turismo Rural entre os que se atopa Campo Lameiro (Pontevedra) que foi elixido entre as máis de 200 candidaturas recibidas que cumprían os requisitos solicitados: “ter menos de 10.000 habitantes, dispoñer de aloxamentos rurais, non ser finalistas ou gañadores en edicións anteriores e ter moito encanto para namorar ao viaxeiro rural”, segundo explica Olivia Fontela, directora de Márketing de EscapadaRural.

Por outra banda, EscapadaRural empeza hoxe unha gran campaña de difusión en medios, redes sociais e blogues co obxectivo de dar a máxima visibilidade e apoio aos finalistas. “Así mesmo, a implicación dos finalistas e a colaboración das institucións provinciais e autonómicas ás que pertencen son cruciais para lograr o maior número de votos”, explica Fontela.

Como parte da difusión, cada municipio conta coa colaboración dun blogger que exercerá de embaixador do destino e promocionará a súa candidatura. O embaixador de Campo Lameiro é Alberto Rivas, autor do blogue de viaxes Alvientooo.

NOMEAMENTO NO SALÓN DO TURISMO B-TRAVEL

O nomeamento oficial dos 10 finalistas farase mañá ás 16 horas no marco do salón de turismo B-Travel, na Sala de prensa do Pavillón 8 da Fira de Barcelona, nun acto ao que asistirán alcaldes, concelleiros e outros representantes dos municipios. Cada un dos destinos recibirá un galardón de finalista entregado por Montse Gil, directora xeral de EscapadaRural.

Tras seis anos de certame púxose de manifesto que a iniciativa está a cumprir co seu obxectivo de axudar a moitos municipios para incrementar a súa visibilidade e posicionarse como un destino rural de relevancia contribuíndo así ao desenvolvemento local, segundo trasladan os seus respectivos alcaldes.

Actualmente, o municipio xienense de Cazorla ostenta o título de Capital do Turismo Rural tras proclamarse gañador o pasado ano ao obter o 20,9% dos votos recibidos. O seu nome súmase ao dos galardoados en anos anteriores: Olvera (Cádiz), Potes (Cantabria), Santillana del Mar (Cantabria); Aínsa-Sobrarbe (Huesca) e Sigüenza (Guadalaxara). Ademais, tras seis edicións, a Capital de Turismo Rural xa deu visibilidade a 60 pobos con encanto que forman parte dunha rede de finalistas que lles posiciona como os destinos favoritos dos españois.

ESCAPADARURAL TEN 30 MILLÓNS DE VISITAS NA SÚA WEB

É a plataforma dixital especializada en turismo rural máis importante de España. En 15 anos converteuse no referente do turismo rural, chegando aos case 30 millóns de visitas na súa web en 2022. Conta coa comunidade máis grande de turistas rurais, con 2 millóns de usuarios rexistrados e máis de medio millón de seguidores en redes sociais. Na actualidade reúne máis de 18.000 aloxamentos rurais en España, o que representa o 95% do total de casas rexistradas, e 2.000 en Portugal.

Publicacións Relacionadas