Cubela amosou o informe completo coa documentación, de cando gobernaba o Bipartito PSOE-BNG onde se renunciou á axuda de Agader para mellora-lo entorno da área arqueolóxica do “Lombo da Costa” e Fentáns
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, amosou a súa sorpresa ante unha moción nacionalista demandando ao Concello actuacións para a protección da arte rupestre cando esa mesma formación política parece esquecer que cando formaba parte do Bipartito, xunto ao Partido Socialista, renunciou a un proxecto valorado nuns 150.000 euros que contaba cunha substanciosa subvención de Agader para mellora-lo entorno dos petróglifos do “Lombo da Costa” e Fentáns.
“Parece mentira que veñan agora a erixirse en salvapatrias da arte rupestre cando antes, cando estiveron no goberno, non foron quen de desenvolver un proxecto que vostedes valoraron nuns 150.000 euros e que contou cunha importante achega de Agader que non foron quen de xestionar e desenvolver acabando por ter que renunciar a ela co perxuizo
que para os intereses do noso concello tivo esa decisión”, indicou Cubela dirixíndose ao voceiro do BNG a quen lle recordou que “é vostede presidente da Comunidade de Montes de Viascón con responsabilidades directa no coidado dese importante patrimonio e tampouco se lle veu que fixera, ata o de agora, nada especial para cumprir con ese cometido de protección e coidado deses recursos”, recriminoulle Cubela ao voceiro nacionalista.
Cubela tamén se dirixiu á voceira do PsdeG-PSOE, Lina Garrido, que por aquelas era a líder do BNG e concelleira de Cultura do Grupo de Goberno Bipartito, para lembrarlle que foi “unha das asinantes e tramitadoras da subvención ante Agader” lembrándolle que “asinou un escrito entregando documentación complementaria do proxecto do que parece que agora
renega ou cando menos se agocha para non ter que dar explicacións nin atender a responsabilidades”, acusou o alcalde.
O rexedor insistiu na defensa do patrimonio arqueolóxico argumentando “déixennos agora a nós xestionar dun xeito serio e realmente comprometido uns investimentos que irán realmente destinados non so a conservar senón a promocionar e poñer en valor todos estes elementos que forman parte da nosa historia e do noso orgullo como pobo”.
“O compromiso irrenunciable do noso goberno coa defensa do noso patrimonio arqueolóxico, como queda testemuñado a través da concurrencia reiterada ao chamado 1% Cultural do Ministerio de Cultura en varias ocasións sen atopar unha resposta positiva, obrigounos a poñer en marcha outras alternativas e a buscar a colaboración veciñal das
comunidades de montes a través da cesión cesión deses espazos por 50 anos e poder así afrontar dun xeito modesto e con recursos propios intervencións que suman uns 25.000 euros, acordes coas posibilidades económicas das que dispomos como Concello”, sinalou o rexedor.
VOCACIÓN DE CONVERTER OS PETRÓGLIFOS EN REFERENCIA TURÍSTICA E EXEMPLO DE CONSERVACIÓN DO LEGADO ARQUEOLÓXICO E PATRIMONIAL
Para reafirmar ese compromiso, Jorge Cubela reiterou ante o pleno a súa vontade poñer en marcha un ambicioso proxecto de promoción e diversificación da oferta turística do municipio que terá como eixo fundamental o patrimonio etnográfico e legado arqueolóxico existente no municipio tendo como obxectivos fundamentais a conservación e protección dos petróglifos do Lombo da Costa e Laxe dos Cervos así como varios elementos da arquitectura popular.
A estratexia esbozada polo alcalde de Cerdedo-Cotobade vai orientada a aproveitar a importante vía de comunicación constituída pola estrada nacional N-541 como acceso principal a un recurso turístico de primer nivel que sufrirá nos vindeiros meses unha importante actuación que vai desde a realización de rozas, sinalética e peche perimetral de recursos arqueolóxicos ou recuperación de antigos recursos como a canle de auga que abastecía desde Santa María de Sacos á fábrica da luz que operaba nas inmediacións dos Baños do San Xusto.
Así as principais actuacións, xa programadas, xirarán en torno á realización de rozas e limpezas nos perímetros dos petróglifos e empregar sistemas de protección perimetral dos recursos arqueolóxicos e patrimoniais.
Cubela tamén se referiu á posta en funcionamento do balneario lúdico dos Baños do San Xusto, prevista para este vindeiro ano, que tamén será, segundo dixo, unha das pezas fundamentais do polo de atracción da zona ademais do patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico que atesoura a Carballeira e os seus arredores.
Cubela dixo pretender converter os petróglifos, a Carballeira, a canle de auga, os meandros do río Lérez e o Balneario dos Baños do San Xusto nun entramado de referencia turística e patrimonial non so de CerdedoCotobade senón do espazo comprendido pola denominación
xeoestratéxica de “Terras de Pontevedra” onde todos estes elementos de diversificación turística serán puntos de lanza da oferta neste puxante aspecto da economía do país por recuperar tras a pandemia da Covid-19.