Home O Morrazo Cangas Cangas maniféstase contra os recortes en mestres e mestras profesionais nos...

Cangas maniféstase contra os recortes en mestres e mestras profesionais nos seus centros educativos

- Anuncio -

• “EDUCACIÓN DE CALIDADE PARA UNHA NACIÓN EN IGUALDADE ”

• “OS RECORTES EN EDUCACIÓN SON A PERDA DE UNHA NACIÓN”

O concello de Cangas con Vitoria Portas á fronte, alza a súa indignación contra a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o seu actual responsable Román Rodríguez González, nunha manifestación que reuniu na tarde de hoxe representantes de toda a comunidade educativa de Cangas, ante a falta de resposta ás solicitudes presentadas desde os diferentes centros educativos e desde o consistorio pola diminución e recortes que veñen sufrindo estes últimos anos en docentes e profesionais educativos.

Desde o remate do curso 2020/2021 ata o día de hoxe son numerosos os escritos que ANPAS e dirixentes dos centros educativos enviaron á Consellería de Educación reclamando e esixindo que non se realicen recortes en profesionais durante este novo curso, tan ou máis necesarios se cabe que durante o curso anterior afectado pola situación de pandemia, Covid-19.

Desde a comunidade educativa ven con preocupación, os cambios que os centros, pais e alumnos van soportar cos novos recortes de mestres e mestras que desde a Consellería comunícaselles, senten que dada a continuidade protocolaria en situación de pandemia e a nova lei “ LOMLOE” que introduce novos cambios na educación, producirá un desgaste psicolóxico e profesional a nivel educativo, polo que hoxe se manifestan contra a supresión de docentes, que axuden á adaptación das novas circunstancias académicas deste novo curso 2021/22.

Victoria Portas apoia este colectivo desde o minuto cero, ela dirixiuse en diferentes ocasións á Consellería á que pediu cita para transmitir as diferentes problemáticas e necesidades existentes en cada centro, manifesta que “ son primordiais para o desenvolvemento dunha educación de calidade”, explica que, os cambios que os estudantes soportaron este último ano dada a situación de pandemia provocaron nos alumnos, abandono escolar por falta de medios, situacións psicolóxicas e emocionais negativas pola falta de socialización e limitacións de grupos, así como os cambios que este novo curso presenta a nova lei “ LOMLOE”, que requiren que non se realicen os recortes que se comunicaron aos centros educativos de Cangas de profesores e profesoras, nin orientadores/ as nin de outros profesionais que faciliten os recursos e métodos necesarios para que se poida levar a cabo unha educación de calidade”. A alcaldesa observa a necesidade de conservación dos
postos de profesionais de PT(Pedagoxía Terapeutica) e Ao(Audición e Linguaxe), destinados ao tratamento da diversidade do alumnado con NAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo), “éstes levan a cabo adaptacións metodolóxicas, que en moitos casos son os encargados de modificar os contidos, os obxectivos de etapa e os criterios de avaliación, pero non só do alumnado con necesidades ou problemas específicos senón tamén con (Xordeira, TDAH, idiomas, etc…)”; Victoria recalca que “non todos os alumnos/as teñen os
mesmos ritmos de aprendizaxe, xa que “existen alumnos que se lles da mellor unha materia que outras, cústalle máis pillar explicacións, tardan máis en facer actividades, e todo iso non pode implicar que non se leve a cabo o currículo escolar establecido para o curso 2021/22 pola supresión comunicada de docentes nos diferentes centros educativos de Cangas.”

RECORTES E SOLICITUDES DOS CENTROS EDUCATIVOS DE CANGAS
No IES de Rodeira se lle comunica a supresión de 5 docentes, orixinando unha reorganización que supón a supresión de un orientador/a; o aumento de alumnado con NEAE no CEIP Plurilingüe da Espiñeira-Aldán con 18 novas incorporacións, leva ao cetro a solicitar o aumento de mestres e mestras profesionais de AL e PT a xornada completa para o novo curso 2021/2022; recortes dun 16% no profesorado do IES María Soliño, o que
levaría ao aumento de máis de 30 alumnos/as por aula nos grupos e Bacharelato, pondo en perigo a saúde do profesorado e do alumnado en tempos aínda de protocolo COVID, supresión de materias troncais de opción nas tres modalidades de bacharelato coas que conta o centro, necesarias para as ponderacións da ABAU, así como o supresión dos dous bacharelatos de excelencia/STEMbach; o IES Monte Carrasco, durante este novo
curso 2021/2022 solicitan un mestre de PT/AL polo aumento de alumnos/as con NEAE nas aulas de primeiro de Educación Primaria, onde se considera a necesidade establecer tres grupos de 20 alumnos por aula, para levar a cabo unha educación máis efectiva, así como un aumento no cadro do profesorado dun mestre/a de matemáticas e ámbito científico matemático e dous medios de Lingua Castelá e ámbito Lingüístico e de Xeografía e Historia; indignación no CEIP do Hío polos recortes para este novo curso 2021/2022 que ameazan
a redución do PT a tempo completo durante o curso 2020/2021 por un/unha a media xornada, que en todo caso é para compensar as horas de dedicación do director en este caso, que é o titular da praza, considerando necesaria un posto de PT a tempo completo; a eliminación do cuarto mestre/a de Educación Infantil o que suporá grupos máis numerosos e impide o traballo por proxectos e por último o rexeitamento da solicitude de media/o especialista de AL que leva a non poder abarcar as necesidades que presenta o centro; o CEIP a Rúa que se solidariza coa situación que en anos anteriores viviu tamén de cerca e o levou a supresión de horas destinadas ao fortalecemento de materias e perda de alumnado.

A CONCILIACION UNHA TAREFA SUSPENSA POLA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
A todos os anteriores recortes, hai que sumarlle o falta de organización e abandono da Consellería de Educación ante a problemática do CEIP San Roque de Darbo, que por segundo ano consecutivo prexudicará aos mesmo estudantes que durante o curso pasado, que sufren un recortes de horario lectivo, que se dedica a horario de comedor de 13:30 a 14:30 quedando unha hora en “horario morto” ata as 15:30 que dan comezo as actividades extraescolares, e as que moitos pais recorren para poder conciliar a vida familiar e laboral.

Os continuos comunicados enviados a Consellería de Educación para regular esta situación non obtiveron resposta algunha, polo que “as familias se encontran en unha situación de abandono e indignadas, polo que hoxe tamén non leva a alzar a voz para que se nos escoite”, declara Victoria, alcaldesa de Cangas.

“Estamos fartos e fartas de Decretos e Leis de Educación que veñen impostas desde a Xunta ou desde o Goberno Central pero, chegada a hora de polas en práctica queda todo en “auga de borralla”, porque non dan solución a ningunha das problemáticas que está a ocasionar nos centros educativos, en este caso en Cangas; por todo iso hoxe nos manifestamos, porque esiximos os medios suficientes para a posta en práctica das Leis e Decretos, sen que repercuta na perda dunha educación de calidade”, así o expresa Victoria Portas na manifestación por unha EDUCACIÓN DE CALIDADE.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas