HomePontevedraBaixo MiñoCasa Forestal de Oia: visita guiada o sábado no curro da Valga

Casa Forestal de Oia: visita guiada o sábado no curro da Valga

- Anuncio -spot_img

Continúa a actividade na casa forestal de Oia. Nesta ocasión, aproveitando o comezo da tempada de curros (o domingo celebrarase o da Valga), prográmase unha visita guiada gratuíta o sábado día 13 ás 17horas.

Trátase dun paseo guiado dunhas 2 horas de duración (dificultade baixa) pola zona do curro da Valga e os seus arredores. O percorrido rematará na casa forestal, onde se poderá visitar a exposición temporal “Arredor do curro”, que inclúe unha selección de fotografías e de obxectos antigos relacionados con esta tradición.

A actividade é de balde, con prazas limitadas ata completar aforo. As persoas interesadas en participar poden inscribirse no teléfono 677.78.32.96.

Publicacións Relacionadas