Home O Morrazo Moaña Case 100 adolescentes dos dous institutos de Moaña recibiron formación de prevención...

Case 100 adolescentes dos dous institutos de Moaña recibiron formación de prevención sobre o cannabis durante o 2021

- Anuncio -

A Asociación Érguete e o Concello puxeron en marcha unha campaña de prevención específica para desmentir os mitos desta droga

A campaña de prevención sobre o cannabis que puxeron en marcha o Concello de Moaña e a Asociación Érguete durante o ano pasado, xa formou a case 100 adolescentes do IES Plurilingüe A Paralaia e do IES As Barxas co obxectivo de achegar ao alumnado conceptos e ferramentas de prevención e sensibilización respecto ao cannabis.

A concelleira de Benestar Social, María Ortega, destacou os resultados e salientou “a importancia de estar ao lado dos mozos e mozas para axúdalos a entender a problemática das adiccións, sempre con empatía e sen estigmatizar nin culpabilizar”. A edil tamén engade que, ademais deste programa, o Concello e a Asociación Érguete seguen traballando para por en marcha outros proxectos para previr as adiccións no municipio do Morrazo.

A coordinadora da Oficina Técnica de Prevención da Asociación Érguete, Laura Durán, explica que “levamos anos colaborando cos centros de educación primaria e coas familias para falar dos perigos do atracón do alcol, do xogo online e das apostas deportivas”.
Durán quere agradecer ao Concello de Moaña “a súa implicación coas nosas propostas”, e está convencida que este tipo de políticas preventivas son as “máis axeitadas para traballar no ámbito das adiccións”.

Relacionadas

O BNG defenderá no Pleno de Vigo unha batería de medidas para combater a...

0
A fronte nacionalista trasladará unha moción da CIG para esixir un “xiro de 180 graos” nas políticas laborais para garantir emprego e salarios dignos...

O ciclismo toma o concello coa terceira edición da proba BTT Terras de Tomiño...

0
Será o vindeiro domingo 28 de abril con saída ás 09.00 horas dende a Praza do Seixo Este ano contará cunha andaina simultánea organizada coa...

A Agrupación de Protección Civil comeza unha nova andaina da man do concello de...

0
César Poza habilita partida no orzamento para o grupo de voluntarios, adapta un vello almacén como sede e confire á asociación carácter municipal A recente...

A escritora Elena Gallego volve capitanear unha aula de creación literaria na Biblioteca

0
Esta actividade, enmarcada na programación do Día das Letras Galegas, permitirá ás persoas participantes coñecer da man da autora as técnicas narrativas actuais e...

Baiona será sede da fase previa do campionato galego de fútbol sala

0
A federación galega de fútbol sala escolle Baiona como sede para a fase previa do Campionato galego benjamín de fútbol sala.O acto de presentación...

Turonia GFG celebra o seu VI aniversario

0
O club de fútbol gaélico referente no Val Miñor celebra o seu VI aniversario nun evento aberto a toda a vecinanza. Farao mediante unha intensa...

Publicacións Relacionadas