Home Pontevedra Deza Cati Somoza comeza os encontros veciñais do PP de Rodeiro polo rural...

Cati Somoza comeza os encontros veciñais do PP de Rodeiro polo rural cunha dobre cita en San Paio de Senra e Reibó

- Anuncio -

• As reunións terá lugar mañá ás 16.00 horas na contorna da igrexa parroquial de San Paio e ás 17.45 horas nas inmediacións da de San Miguel e nas mesmas estará acompañada polo ex alcalde e presidente provincial do PP, Luis López, e polo membro da candidatura Pablo Cuñarro.


• Creo que é básico achegarse de xeito directo ás parroquias sobre todo para escoitar aos veciños e recoller as súas necesidades, que en moitas ocasións son pequenas cousas que melloran a súa calidade de vida e que teño o empeño absoluto de atender porque é de xustiza para o rural”, explicou a candidata.

A candidata do PP de Rodeiro, Cati Somoza, vai dar un paso máis na súa precampaña de cara ás eleccións municipais do 28 de maio co inicio dun percorrido de encontros veciñais por todo o rural do municipio “para manter un contacto directo e cercano cos veciños, que é o eixo da miña proposta política, e para escoitar, atender e recoller as súas demandas e necesidades”.

Estas reunións arrancarán mañá cunha dobre cita nas parroquias de San Paio de Senra, fixada para as 16.00 horas na contorna da igrexa parroquial, e de Riobó, onde a convocatoria está fixada para as 17.45 horas nas inmediacións do templo de San Miguel.

Nestes dous primeiros contactos, a candidata estará acompañada polo ex alcalde e presidente provincial do PP, Luis López, que lle manifestou a súa intención de acompañala na vintena de reunións polas parroquias se a súa axenda llo permite, e, neste caso, polo membro número 5 da candidatura, Pablo Cuñarro, xa que se trata da súa área territorial.

“Creo que é básico achegarse de xeito directo ás parroquias sobre todo para escoitar aos veciños. Vou co ánimo de presentarme e de falar pouco para centrarme en recoller as necesidades e suxestións dos veciños do noso rural, que é obviamente o groso do noso concello. As súas achegas son, en moitas ocasións, pequenas cousas sobre as pistas, o alumeado, a recollida de lixo ou as infraestruturas de auga que melloran moito a súa calidade de vida e que teño o empeño absoluto de atender de xeito case inmediato dende o goberno local, sempre que haxa dispoñibilidade, porque creo que é de xustiza para o rural”, explicou a candidata popular.

Cati Somoza explicou que a súa intención pasa por percorrer todas as parroquias de Rodeiro nun prazo estimado de dúas semanas, xa que, tras pechar a súa candidatura e ter deseñadas as propostas principais do programa electoral, quere recoller as peticións directas dos veciños do rural para incluilas no seu proxecto. O calendario completo de encontros veciñais irase dando a coñecer paulatinamente a medida que se vaia pechando, xa que a fixación de datas e horarios dependerá principalmente da dispoñibilidade da xente de cada parroquia.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

0
-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de...

Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

0
Celebrarase sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença con máis de 400 persoas en competición en cada xornada. A Eurocidade confírmase coma...

A mocidade tomiñesa apúntase aos bailes de serán

0
A OMIX de Tomiño organiza un obradoiro no que aprender as primeiras nocións do baile popular galego A mocidade tomiñesa lánzase a bailar. A OMIX...

Publicacións Relacionadas