Esta maña tivo lugar a tradicional Misa Solemne en honor de San Salvador, cantada pola Coral de Poio, e da procesión que tivo lugar a continuación, na que participou o alcalde, Ángel Moldes, membros da Corporación municipal, a Asociación Cultural, e numerosos veciños e que foi acompañada pola Banda de Música de Vilaboa e a Escola de Música Tradicional de Poio.
Esta noite, as festividades continúan cunha verbena na que participarán as orquestras Magos e Alianza.