HomeVigoNigránCEMMA presenta os resultados do proxecto REVARGAL

CEMMA presenta os resultados do proxecto REVARGAL

- Anuncio -spot_img

Máis de 2.000 animais mariños varados foron rexistrados entre 2022-2025

O vindeiro sábado día 13 de decembro, dende as 9:30 ás 14:00 h a CEMMA exporá os resultados do proxecto REVARGAL nunhas xornadas que terán lugar no Auditorio Municipal de Nigrán.

No mesmo intervirán, o director do proxecto Pablo Covelo, así como os técnicos do proxecto que encabezaron as diferentes accións: Uxía Vázquez, coordinando comunicación e divulgación; Mónica González, coordinando a monitorización mariña e o xefe do equipo veterinario Xabier Pin.

As persoas interesadas poden rexistrarse gratuitamente para participar en: https://forms.gle/6e3C58jmoTuBEkRNA   

ACCESO

Creación da Rede de Varamentos de Galicia

Rede de Varamentos de Galicia ponse en marcha en 1990, coa legalización da CEMMA en 1992. A partir de 1999 implícase a Xunta de Galicia, a través de convenios, servizos e autorizacións, que van variando temporalmente, incluíndo anos nos que non se cobre o servizo dando lugar a moitas incertezas. A CEMMA asiste aos varamentos en toda Galicia, colaborando coas autoridades municipais e entidades de Protección Civil e Policías locais, na xestión dos casos e asesorando a retirada dos corpos, na medida do posible.

As carencias económicas para o funcionamento da Rede de Varamentos tratan de ser paliadas pola CEMMA a través de colaboracións privadas e externas, así como coa achega de fondos propios. Estas carencias non afectan en gran medida á súa efectividade e operatividade directa, pero impiden chegar a obter o máximo rendemento aos datos e mostras recollidas, existindo unha gran falta de información en determinados temas.

REVARGAL 2022-2025

Entre os anos 2022 a 2025 lévase a cabo o proxecto REVARGAL que supón unha recomposición dos actores en relación coa Rede de Varamentos de Galicia na que se experimenta unha entrada de financiamento da Fundación Biodiversidade, dun investimento de 420 mil euros,  a través da convocatoria de subvencións específicas, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Este financiamento non aborda todos os gastos da RVG e durante este tempo mantívose a colaboración da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia cunha pequena aportación do 14% do financiamento anual da RVG.

RESULTADOS

Durante a execución do proxecto REVARGAL a CEMMA rexistrou un total de 2.092 varamentos, dos cales corresponden a cetáceos o 86,3%, a tartarugas mariñas o 3,9%, a lontras o 2,2%, a lobos mariños menos do 1,3% e a quenllas o 6,3%, xunto con diversas especies de grandes peixes (peixe espada, atún ou peixe lúa), o 10% destes exemplares estaban vivos e moitos deles conseguiron ser reintroducidos ou rehabilitados.

Publicacións Relacionadas