HomeTabeirósCerdedo - CotobadeCerdedo-Cotobade atende no que vai de ano 54 iniciativas de construción de...

Cerdedo-Cotobade atende no que vai de ano 54 iniciativas de construción de vivenda unifamiliar e reformas de vivendas tradicionais que impulsan o asentamiento de poboación

- Anuncio -spot_img

• A eliminación do ICIO e a demanda de iniciativas turísticas dinamizan o traballo das oficinas municipais de urbanismo

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, acaba de facer balance do traballo levado a cabo durante o presente ano polos responsables da oficina municipal de urbanismo onde se atenderon 54 iniciativas de construción de vivendas unifamiliares e reformas de vivendas que impulsan o asentamento de poboación.

Os técnicos tiveron que atender unha inxente cantidade de consultas e mesmo de tramitacións relacionadas coa rehabilitación de edificacións e mesmo vivendas novas que se están construíndo no municipio de Cerdedo-Cotobade.

Jorge Cubela achaca este repunte na actividade da oficina municipal de urbanismo a un maior dinamismo e interese polo concello así como ás medidas de incentivo para o rural postos en marcha polo seu equipo de goberno que se traducen en ser un dos poucos concellos que ten eliminado o Imposto de Contrución, Instalacións e Obras (ICIO) e tamén polo despertar que a xente tivo cara ao mundo rural despois do confinamento e a pandemia da Covid-19.

“Estamos detectando nos dous últimos anos unha tendencia moi acusada de xente que rehabilita a súa vivenda ou mesmo que prepara unha casa na aldea como segunda residencia e elixe Cerdedo-Cotobade pola súa ubicación e, sobre todo, polos seus servizos e facilitades que ofrece aos seus residentes. Desde a Covid-19 houbo un efecto chamada para volver ao rural e froito deso moita xente está arranxando as casas que tiña
pechadas ou con pouco uso. Detectamos tamén un aumento de licencias para obras maiores e tamén interese de empresas turísticas por crear infraestruturas no noso municipio”.

CABANAS DE MADEIRA DE USO TURÍSTICO

Cubela confirmou que hai interese por parte de empresarios do sector turístico en instalar casas prefabricadas ou de madeiras que sirvan de aloxamento para poñer en marcha modelos emprendedores que teñan como epicentro desa actividade o concello de Cerdedo-Cotobade.
“Estamos atendendo 5 ou 6 iniciativas privadas para poñer en marcha aloxamentos en cabanas de madeira en diversos lugares do concello o quedá bo sinal do interese que estamos a levantar non so entre a veciñanza senón tamén entre sectores de emprendedores que vén no turismo rural, no turismo familiar un nicho de mercado no que Cerdedo-Cotobade compite e pode ser a curto e medio prazo unha referencia en toda Galicia”, indicou Jorge Cubela.

Publicacións Relacionadas