HomeTabeirósCerdedo - CotobadeCerdedo-Cotobade homenaxeará a dúas farmacéuticas e dúas hostaleiras xubiladas nos actos do...

Cerdedo-Cotobade homenaxeará a dúas farmacéuticas e dúas hostaleiras xubiladas nos actos do Día da Muller

- Anuncio -spot_img

• Ao remate do acto reivindicativo e de homenaxe haberá un concerto de música a cargo da pianista Andrea García

O Concello de Cerdedo-Cotobade, por mor da conmemoración, o 8 de marzo, do Día Internacional da Muller Traballadora, tributará unha homenaxe a dúas farmacéuticas e dúas hostaleiras xubiladas do municipio, nun acto aberto á toda a veciñanza que terá lugar mañá ás 11:30 horas da mañá no Centro Cultural “Antonio Fraguas”, na Chan de Carballedo, en colaboración coa Asociación de Mulleres en Igualdade de Cerdedo-Cotobade, A Lama e Ponte Caldelas.

O acto de homenaxe deste ano terá como protagonistas a Pilar PerezLafuente Córdoba, farmaceutica de Carballedo e a María Jesús Gamallo Morales, boticaria de Cerdedo así como ás hostaleiras Josefa Fernández Garrido, do Restaurante A Raxadal, de Carballedo e a Sara Rivas Campos, do Restaurante Meu Lar, de Cerdedo.

O Concello de Cerdedo-Cotobade convida a todos os veciños e veciñas a este evento para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, como un acto reinvidicativo para concienciar sobre a importancia da defensa da igualdade, da ausencia total de discriminación por razón de sexo ou por calquera índole e en contra de todo tipo de violencia que afecta ás mulleres polo mero feito de selo.

Para rematar este evento reivindicativo, pero tamén cultural o Concello de Cerdedo-Cotobade pechará esta conmemoración cun concerto ofrecido pola pianista Andrea García que ofrecerá diversas pezas do seu repertorio para darlle maior realce a esta actividade.

Pola súa banda, o alcalde, Jorge Cubela, animou á veciñanza a participar neste acto e a levar a loita contra as desigualdades a todos os ámbitos da vida tanto familiar, como profesional ou de relacións sociais. “Queremos homenaxear hoxe aquí a estas mulleres que foron pioneiras no seu momento na loita contra os teitos de cristal e que sairon adiante como emprendendoras en momentos difíciles e complicados, pero tamén queremos lembrarnos das situacións tremendas que viven as vítimas da violencia machista e queremos manter acesa unha luz de esperanza para todas aquelas mulleres que pasen por un trance como ese para que saiban que sempre nos terán ao seu carón, que saiban que non están soas e que en nós, no Concello e na sociedade teñen onde buscar comprensión, refuxio, axuda e protección”, indicou o rexedor.

Publicacións Relacionadas