HomeTabeirósCerdedo - CotobadeCerdedo-Cotobade investirá un total de 189.000 euros na adecuación interior da Escola...

Cerdedo-Cotobade investirá un total de 189.000 euros na adecuación interior da Escola de Música de Tenorio

- Anuncio -spot_img

Cubela manifestou a súa satisfación polo nivel competitivo que permite acondicionar o interior deste local social con elementos que van mellora-la súa operatividade e funcionalidade
O Concello de Cerdedo-Cotobade acaba de adxudicar en concurso público, por importe total de 158.861 euros as obras de adecuación interior da Escola de Música de Tenorio que contará, ademáis, con investimentos a maiores por importe de casi 30.000 euros ofrecidos pola empresa Eicros Gestión, S.L. gañadora do procedemento aberto no que participaron un total de 5 licitadores. En definitiva, investiranse na Escola de Música de Tenorio uns 189.000 euros. Esta obra permitirá mellora-las instalación existentes na Escola de Música de Tenorio e seguir co traballo de uso público para o fomento da educación musical e outro usos de carácter sociocultural que antes se atopaban moi limitados. As melloras ofrecidas pola adxudicataria permitirán dotar ao edificio de panelado de roble e tabica pladur, trasdosado autoportante, cambio do escenario, iluminación do salón de actos, rotulación da escola e do salón de actos, instalar fotomurais personalizados, instalar zócalos de protección nas aulas, realizar unha plantación de xardineiras exteriores, colocar paneis acústicos no salón de actos e aulas, adecuar a sala de Concello de Cerdedo-Cotobade debaixo do escenario, pintar o salón de actos e zonas anexas e colocar canaleta e impermeabilización da medianeira. O alcalde, Jorge Cubela, amosou a súa satisfacción polo nivel competitivo amosado polas 5 empresas que concurriron ao concurso o que permitirá acondicionar o interior deste local social con elementos que van mellorala súa operatividade e funcionalidade “logrando así poñer a disposición dos veciños e dos usuarios da Escola de Música unha infraestrutura sociocultural de grande importancia para a parroquia de Tenorio ao tempo que seguimos fomentando con garantías a educación musical como un dos elementos fundamentais que identifican aos veciños e veciñas desta parroquia”, sinalou o rexedor.

Publicacións Relacionadas