Home Pontevedra César Poza tilda a postura do PP local no vial de Paredes...

César Poza tilda a postura do PP local no vial de Paredes de “servilismo á Xunta” e deslealtade coa veciñanza

- Anuncio -

Ao alcalde de Vilaboa parécelle “lamentable” que xustifique a transferencia da PO-264 e que asuma que sexa o Concello quen financie a reforma

A proposta realizada pola conselleira de Infraestruturas para a PO-264, consistente en transferir o vial de titularidade autonómica ao Concello de Vilaboa para que este asuma a reforma integral que precisa, sorprendeu ao alcalde, César Poza, que confiaba nunha resposta máis responsable por parte da Xunta.

“A postura da Xunta foi sorprendente pero a do PP local é abraiante”, resume César Poza, referíndose ao “total servilismo” con que o Partido Popular acepta e xustifics que a Xunta de Galicia descarte facer investimentos nun vial da súa competencia que non so presta servizo aos veciños de Vilaboa e que ten pouco máis de 300 metros no término municipal.

“Sabían con antelación cal sería a postura da Xunta e lonxe de defender os intereses de Vilaboa adoptaron unha actitude partidista e partidaria sen valorar o inxusto dunha transferencia dese calado”. A César Poza parécelle moi preocupante que o PP, ante unha situación de grave inseguridade viaria para os residentes neste tramo de estrada en Paredes, opte “por poñerse a contar o tempo a ver si había un ano ou 10 meses que pediramos a reunión coa Xunta e a proferir insultos nas redes e nos medios antes que defender diante do seu partido e dunha administración na que gobernan os dereitos da xente de Vilaboa”.

A César Poza parécelle especialmente grave a axilidade do Partido Popular xustificando a proposta da Consellería de Infraestruturas, trasladando á opinión pública os seus “patéticos argumentos” antes incluso de se producir a reunión en Santiago.

César Poza, que tilda o comportamento do PP de Vilaboa de “total deslealdade institucional”, considera que a postura do portavoz, Alberto Acuña, “retratouno diante da súa veciñanza: agora todo o mundo sabe o que pode esperar del: servilismo aos seus.”

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas