HomePontevedraChapela gaña un novo espazo público co segundo tramo da Vía Verde...

Chapela gaña un novo espazo público co segundo tramo da Vía Verde e zona de descanso con pérgola

- Anuncio -spot_img

– A segunda parte da Vía Verde arranca nas inmediacións do novo Skatepark e continúa en dirección a Redondela cunha nova superficie de 2.300 metros cadrados para uso público. Conta cunha praza que comunica os dous tramos do camiño Real Angorén, que ate o de agora estaban separados pola vía férrea. No final do tramo instalouse unha zona con bancadas e pérgola que ofrece un cómodo lugar de descanso e de encontro para a veciñanza.

– A alcaldesa, Digna Rivas, sinala que deste xeito o goberno local “cumpre co compromiso de ampliar a Vía Verde de Chapela, unha senda moi transitada pola veciñanza”. O Concello dá así un paso máis na promoción da mobilidade sostible, con prioridade para os peóns e novos espazos saudables.

Veciños e veciñas disfrutan xa dunha Vía Verde ampliada en Chapela, unha vez rematada a segunda fase da senda. O novo tramo dá continuidade a esta vía peonil que transforma a antiga liña do ferrocarril, agora en desuso, nun novo espazo público de mobilidade e lecer. Este segunda fase comeza nas inmediacións do novo Skatepark e continúa en dirección a Redondela. O novo tramo ocupa unha superficie de 2.300 metros cadrados de uso público nesta céntrica zona da parroquia. A alcaldesa, Digna Rivas, sinala que deste xeito “o goberno local cumpre co compromiso de dar continuidade á Vía Verde de Chapela, inaugurada no anterior mandato, e que é moi transitada pola veciñanza”. O novo tramo é un espazo dinámico para fomentar a vida saudable no que a veciñanza pode gozar dun paseo por un medio natural lonxe do tráfico. A nova actuación mellora moito a conexión coas rúas da contorna, xa que permite comunicar, a través dunha praza,os dous tramos do camiño Real Angorén. Ata o de agora este camiño quedaba interrompido, con están separados pola vía do ferrocarril, que agora volve estar conectado. Crearase así un lugar de esparexemento, deporte e vida saudable, tanto para usos lúdicos como deportivos. “Trátase dun paso máis no empeño deste goberno por dar prioridade aos peóns e crear espazos saudables”, sinala Rivas.

O deseño é similar ao da primeira fase da senda, con bancos ao longo do percorrido. Ao final do tramo instalouse unha pérgola que ofrece un cómodo lugar de descanso e de encontro para a veciñanza. Os traballos foron adxudicados á empresa local Construcciones Castro por un importe de 277.500 euros, e  financiamento corre a cargo do Plan + Provincia da Deputación de Pontevedra.

Novos espazos públicos en Chapela

A este novo tramo súmanse a outras melloras que vén experimentado a parroquia de Chapela nos últimos anos. A primeira fase da Senda Verde, que conecta o antigo apeadoiro de Chapela con Vigo, inaugurouse a finais de 2021 cun investimento de 778.000 euros. Anexo a esta senda construíse o Skatpark. Esta pista de deportes urbanos, valorada como unha das mellores da área metropolitana, supuxo un investimento de 357.894 euros. Tamén se remodelou o espazo coñecido como “o Campito” e a alameda Rosalía de Castro, cun investimento entre ámbalas obras de 600.000 euros. “En total, os investimentos nesta zona da parroquia superan os 2 millóns de euros nos últimos catro anos, con proxectos que serviron para mellorar espazos públicos e crear outros novos cos que a cidadanía gaña en calidade de vida”, conclúe Rivas.

Publicacións Relacionadas