O día de onte celebrouse no multiusos Angel Bedriñana unha charla impartida pola Garda Civil, dirixida especialmente ás persoas maiores e aberta ao público en xeral, co obxectivo de previr e detectar estafas dixitais.
A actividade contou cunha excelente asistencia e participación, mostra do interese da cidadanía por adquirir ferramentas que contribúan a unha maior seguridade no uso das novas tecnoloxías.
Desde o Concello de Baiona queremos agradecer á Garda Civil a súa proximidade, compromiso e disposición, demostrando unha vez máis a súa vocación de servizo e o seu traballo constante en favor da protección das persoas.



