HomePontevedraChega á Enseada de San Simón e con todas as prazas esgotadas...

Chega á Enseada de San Simón e con todas as prazas esgotadas a derradeira ruta ornitolóxica “Voando nas Rías Baixas”

- Anuncio -spot_img

A última visita desta sexta edición do programa desenvolverase este domingo 26 de novembro polos concellos de Redondela, Soutomaior, Pontevedra e Vilaboa

Chega á Enseada de San Simón a derradeira ruta ornitológica “Voando nas Rías Baixas” que promove a Deputación de Pontevedra en colaboración con SEO Birdlife para observar as aves que habitan nesta paisaxe intermareal entre os concellos de Redondela, Soutomaior, Pontevedra e Vilaboa. A ruta, que terá lugar este domingo 26 de novembro, ten todas as prazas esgotadas.

Os participantes nesta última quenda de “Voando nas Rías Baixas” percorrerán, da man de dúas guías ornitolóxicas de SEO Birdlife, este espazo situado no máis profundo da ría de Vigo. Neste lugar invernan aves acuáticas e mariñas, ademais de paseriformes das contornas arbóreos, o que fai que sexa un espazo protexido pola Rede Natura 2000. Ademais do parrulo asubiador (que ten en San Simón un dos mellores lugares de invernada de Galicia), é posible observar outros anátidos atractivos. Resaltan tamén limícolas coma o bilurico das rochas, a píldora cincenta, o bilurico patirrubio e o claro, o pilro común e o tridáctilo, o mazarico real… e ardeidos coma a garza real, a garzota común, gaivotas varias, corvos mariños e paxariños coma o vistoso picapeixe.

Esta é a última das andainas desta sexta edición de “Voando nas Rías Baixas”, que remata neste mes de novembro despois de pasar polo Complexo Intermareal Ulla-O Grove, pola Foz da Ramallosa (Nigrán), as Ribeiras do río Umia (Cambados-Ribadumia), as Brañas de Xestoso (Silleda-Forcarei-A Estrada), a praia da Lanzada (Sanxenxo-O Grove) e o Esteiro do río Miño (A Guarda).

Publicacións Relacionadas