A inmellorable area da praia de Ladeira vai albergar a IV Etapa da liga Nacional de Futevolei 2025, todo iso co firme apoio e colaboración de Deportes do Concello de Baiona e a Deputación de Pontevedra.
O venres 11 de xullo pola tarde desenvolveranse os adestramentos libres para o Perfeccionamento Técnico das parellas de xogadores e xogadoras que teñen como obxectivo principal mellorar a súa técnica, táctica e os patróns de xogo que lles permitan incrementar o seu rendemento na alta competición e tamén habituarse á area da praia.
A competición comezará o sábado 12 de xullo ás 9:00 da mañá coa categoría bronce, coa fase de grupos. A continuación, a fase de grupos de prata (horario estimado sobre as 12:00) e finalmente, sobre as 16:00, comezará a categoría de ouro, onde os mellores de España disputarán os seus partidos da fase de grupos.
O domingo será a quenda das eliminatorias, desde as 9:00 que comezarán os cuartos de final ata a tarde, onde serán a quenda das semifinais e as finais e a auga é a conta da organización do Torneo.
Nesta ocasión, ademais, celebrarase un torneo para os máis pequenos (sub 16), de inscrición libre e aberta, a través da conta de Instagram do Club Futevolei Vigo ou a través da web do Concello de Baiona.
Para participar o torneo de Kids será necesario;
• Ter menos de 16 anos
• Protección solar.
• Pantalón curto ou bañador.
• Camiseta de deporte.
• Adecuada hidratación.
A organización a cargo do Club Futevolei Vigo co apoio da Federación Española de Futevolei España, xunto ao Concello de Baiona, a súa Concellería de Deportes e a Deputación de Pontevedra; os Patrocinadores Celtamotor, Air-Hostess, Robingal, Costas & Pujal, Elice, Setec, KTR, Sport-Bar A Gramola, Vigotoner e Yeah! Activities; queren convidar o público nacional e internacional a gozar do espectáculo nun ambiente deportivo, saudable, respectuoso co medio ambiente, que fomenta as relacións humanas, o servizo ao turismo e o Xogo limpo.