O martes 21 de outubro arrancan as accións informativas a pé de rúa
Desde o Concello de Redondela queremos adaptarnos aos novos criterios de xestión de residuos que nos indican tanto desde Europa como desde a propia Xunta de Galicia. Case a metade do lixo que producimos nas nosas casas é materia orgánica, por iso para cumprir coa lexislación vixente é moi importante que comecemos a definir cal vai a ser o noso modelo ao respecto.
O colector marrón, a quinta fracción, que ten como uso exclusivo a recollida de residuos orgánicos chega ó Concello de Redondela. Este novo depósito ten a particularidade de estar pechado coa inalidade de concienciar á veciñanza. Queremos ser máis sostibles e iso so será posible coa implicación de toda a cidadanía, por iso queremos facer unha chamada á participación das familias de Redondela neste novidoso proxecto, que de seguro sentará as bases do que será a futura recollida de lixo da nosa cidade.
Súmate ao voluntariado marrón. Buscamos familias e persoas concienciadas
Acaba de arrancar a campaña de sensibilización e divulgación e todas as familias do municipio redondelán poderán dirixirse á carpa de “Ti tes a Chave” o vindeiro martes 21 de outubro o en horario de 10.30h a 13.30h e de 15.30h a 18.30h, na praza do Concello. Haberá máis accións informativas a pé de rúa nas vindeiras semanas e meses, xa que este é un proxecto que ven para quedarse. As persoas interesadas en sumarse ó voluntariado marrón poden rexistrarse a través da solicitude online.
Informaremos das novas datas, localizacións e horarios mediante as redes sociais do Concello.
En paralelo, campaña de compostaxe doméstica
O Concello de Redondela pon en marcha, en paralelo, a campaña de “compostaxe doméstica” mediante a que se prevé entregar un total de 200 composteiros en vivendas unifamiliares.
A veciñanza que resida nunha vivenda illada e que conte cunha parcela ou horta dun mínimo de 25m2 pode solicitalo, ben chamando ao teléfono do Concello 986 400 300 ou ben
directamente a través da solicitude online.