HomePontevedraO CondadoChega o Nadal e a programación especial de Salvaterra de Miño

Chega o Nadal e a programación especial de Salvaterra de Miño

- Anuncio -spot_img

O venres 19 de decembro ás 19:00 horas terá lugar a inauguración da decoración da Praza creada como en anos anteriores por alumnos e alumnas dos centros educativos e do módulo de carpintaría do IES Salvaterra de Miño.

O mes de decembro é un mes especial para as familias e por iso dende o Concello de Salvaterra de Miño elaborase un ano máis un programa con actividades e iniciativas culturais que terá lugar durante as vindeiras semanas.

A programación de Nadal inclúe datas importantes como a visita de Papá Noel, o Apalpador ou os Reis Magos pero tamén actividades moi aclamadas como a tradicional San Silvestre que este ano parte dende Salvaterra cara a Monção ou o Mercado de Nadal que repite un ano máis.

Precisamente o mercado, que terá lugar os días 19 e 20 decembro, coincide coa inauguración da decoración da Praza do Concello na que participan os centros educativos e o módulo de Carpintaría do IES Salvaterra de Miño e que é un dos puntos diferenciadores e únicos da decoración de Nadal. Estas figuras e creacións en madeira que fan os alumnos e alumnas tamén se poderán ver noutros puntos do casco urbano aumentando un ano máis os espazos adicados a estas obras magníficas.

Co fin de servir de guía para veciños, veciñas e visitantes elaborase esta programación onde non faltan as actuacións de Nadal das asociacións culturais e deportivas do noso municipio sen esquecer actividades infantís ou obras de teatro. Este ano a obra creada polo Obradoiro de Teatro de igualdade cruzará o Miño e chegará o país veciño e poderemos vela no Cine Teatro João Verde en Monção, as invitacións gratuítas recóllense na taquilla do Teatro.

Toda a programación e datas están no díptico que se adxunta a continuación.

Publicacións Relacionadas