HomePontevedraO CondadoChega o Verán Cultural de Salvaterra de Miño con novidades

Chega o Verán Cultural de Salvaterra de Miño con novidades

- Anuncio -spot_img

Dende o 21 de xullo e ata o 31 de agosto o público poderá desfrutar dunha programación variada sen esquecer as festas máis esperadas.

A Alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, e a concelleira de Cultura, Lorena Soto, presentan o Verán Cultural 2025. Este ano cunha programación dirixida a todo o público dende máis maiores ata máis pequenos e pequenas que contan coma sempre cun apartado especial.

O inicio da programación máis esperada do ano terá lugar o 21 de xullo coas Noites de Teatro de Dramiño que pasarán por un total de oito parroquias onde ofrecerán espectáculos de teatro diferentes en cada un.

Neste 2025 e por tercer ano consecutivo Carlos Núñez volve a Salvaterra de Miño dentro da súa xira “Lugares Máxicos”. Un concerto moi esperado e aclamado entre o público. As entradas xa están á venda no Museo da Ciencia do Viño e na web ataquilla.com

Dentro do calendario para o verán non podían faltar festas tan importantes e destacadas como O Mundo a Danzar, O Son da Muralla ou Imos de Guateque; que continúan crecendo en público ano tras ano e que son cada vez máis un atractivo dentro e fora do noso Concello.

A Festa do Viño do Condado do Tea chega a súa sesaxésima sexta edición onde destacan as catas populares, o Túnel do Viño, a gastronomía e os concertos.
Nos próximos días chegará as casas toda a programación detallada do Verán Cultural de Salvaterra de Miño pero xa adiantamos aquí as datas:

  • Luns 21 xullo: Noites de Teatro en Uma
  • Martes 22 xullo: Baile Moderno
  • Mércores 23 xullo: Festa da Espuma e Animación musical e Noites de Teatro en Lira
  • Sábado 26 xullo: Concerto “Carlos Núñez”
  • Luns 28 xullo: Noites de Teatro en Leirado
  • Mércores 30 xullo: Festa Hinchables de auga
  • Venres 1 de agosto: Festival Folclórico A.C. Pontenova
  • Sábado 2 agosto: O Son da Muralla
  • Luns 4 agosto: Noites de Teatro en Corzáns
  • Martes 5 agosto: O Mundo a Danzar
  • Mércores 6 agosto: Cine “As Neves”
  • Xoves 7 agosto: Cine “+Cuñados”
  • Sábado 9 agosto: Imos de Guateque
  • Domingo 10 agosto: Concerto de Corais de Salvaterra e Banda de Música de Salvaterra
  • 11, 12 e 13 de agosto: Xogos populares para maiores
  • Luns 12 agosto: Noites de Teatro en Fornelos
  • Martes 12 agosto: Cine “Xustiza artificial”
  • Mércores 13 agosto: Cine infantil “Gru 4”
  • Xoves 14 agosto: Cine “Honeymoon”
  • Luns 18 agosto: Noites de Teatro en Arantei
  • Mércores 20 agosto: Desfile de moda
  • Xoves 21 agosto: Espectáculo familiar “Máis saaabor!”
  • Venres 22 agosto: Monólogo “Leti da Taberna”
  • Sábado 23 agosto: Aniversario Ondiñas do Mendo
  • Luns 25 agosto: Noites de Teatro en Alxén
  • Martes 26 agosto: Encontro de Bandas
  • Mércores 27 agosto: Noites de Teatro en Cabreira
    A programación os días 29, 30 e 31 de agosto coa LXVI Festa do Viño do Condado do
    Tea será a seguinte:
  • Venres 29 agosto: Inauguración e concertos de “Galifunk Brass”, “G-Face” e “De
    Ninghures”.
  • Sábado 30 agosto: Concertos de “La MMarca”, “Os D´Abaixo” e “O Caimán do Río Tea”.
  • Domingo 31 agosto: Concertos “Lenha Verde”, “Son das Tabernas” e “La Trío Machine”.
    Agardámosvos este verán en Salvaterra de Miño!

Publicacións Relacionadas