Home Pontevedra Cinco catadores profesionais evaluarán a calidade local na X Festa do Viño...

Cinco catadores profesionais evaluarán a calidade local na X Festa do Viño de Vilaboa

- Anuncio -

Escolleranse os mellores caldos participantes da IXP Ribeiras do Morrazo e dos viticultores locais

Un xurado formado por cinco profesionais do sector do viño serán os responsables de evaluar a calidade dos caldos que concurrirán á IV Cata Profesional das adegas da IXP Ribeiras do Morrazo que se celebrará en Riomaior no marco da X Festa do Viño e máis á cata dos viticultores locais. Juan Maquieira, Javier Pérez, José Dopazo, Juan Carlos Vázquez e Estrella Fernández, profesionais de recoñecido prestixio no mundo do viño, serán quenes escollan, este sábado a partir das 12 horas, os caldos gañadores nas diferentes categorías.

O goberno local agradece especialmente a colaboración de José Manuel Fernández Castro, do Servizo de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria da Consellería de Medio Rural pola súa colaboración continuada na organización deste evento, no que actuará este ano como fedatario.

A cata profesional desenvolverase de xeito simultáneo ao concurso-cata dos viños locais. I é que na Festa do Viño de Vilaboa daranse cita Elisa Ruibal García “Casa da Boullosa”; Manuel Conde Conde; Manuel Collazo Fernández; Jesús Amoedo Leiro “Casa da Torre”; Manuel Rúa “Casa Quinteiro”; Martín Torres González “Casa Cañoteira”; Adega Ardán (Marín); Adega Mosteiro de Poio (Poio); “Adega Os Areeiros” e José Blanco Martínez “Quinteiro de Sabela” que someterán os seus viños tamén ao ditamen do público asistente, nunha copa editada polo Concello para esta ocasión e serigrafiada co logo da Festa e que poderá adquirirse ao prezo de 3 euros, retornables en caso de devolvela en perfectas condicións.

E para os que opten pola Festa do Viño de Vilaboa para xantar haberá postos de comida. Churrasco e polvo serán elaborados por Iván, un pulpeiro local, na mesma carpa instalada baixo o viaducto de Riomaior. O bar Chancho será nesta edición o encargado de suministrar refrescos, augas e cafés para completar a sobremesa.

A programación cultural arrancará de xeito paralelo à apertura das casetas, de 12 a 24 horas, coa presenza na carpa das palilleiras de Vilaboa que farán demostracións do seu traballo e exporán pezas nun dos stands.

E pola noite, às 22 horas, terá lugar o concerto estrela desta Festa do Viño coa presenza de Milladoiro en Riomaior. O domingo continúa a programación coa apertura das casetas de 12 a 17 horas e a actuación do grupo de gaitas “Aires de Cobres” ás 12.30 horas.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas