Home Pontevedra Baixo Miño Cinco millóns de Cupóns da ONCE divulgan o oitavo centenario da consagración...

Cinco millóns de Cupóns da ONCE divulgan o oitavo centenario da consagración da Catedral por toda España

0
1

Unha fotografía do tempo catedralicio ilustra o cupón do sorteo correspondente ao próximo luns 1 de decembro

A imaxe da Catedral de Tui divúlgase por toda España a través dos 5 millóns de cupóns editados pola ONCE para o sorteo do próximo luns, 1 de decembro, con motivo do VIII Centenario da Consagración da Catedral de Tui.

O cupón foi presentado esta mañá en Tui polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, o director da ONCE en Vigo, Roberto Gaspar Conde, e o deán da Catedral José Diéguez Dieppa.

Esta é a segunda ocasión en que Tui é protagonista dun cupón feito polo que alcalde, Enrique Cabaleiro, agradeceu á ONCE esta colaboración reiterada. Nesta ocasión para a difusión dunha “das grandes iconas da cultura e do patrimonio de Tui, de Galicia e do país,  como é a nosa catedral” afirmou Enrique Cabaleiro. O rexedor cualificou de fundamental esta colaboración da ONCE “de promoción do noso patrimonio histórico a través do seu cupón”.

Pola súa banda o deán da Catedral, José Diéguez Dieppa, destacou que coa dedicación deste cupón a ONCE “está aportando este valor cultural de usar a catedral e a cidade para divulgala en toda España con motivo do centenario” agradecendo esta deferencia.  

Mentres o director da ONCE en Vigo, Roberto Gaspar Conde, explicaba que se quixeron sumar a “esta importante efeméride” a través dos 5 millóns de cupóns que están a vendedor os máis de 200 “centinelas da ilusión” como se referiu aos e ás vendedoras da ONCE por todo o territorio nacional.   Isto tamén lle permite continuar co seu importante labor.