Home Tabeirós A Estrada Co PP imos a menos

Co PP imos a menos

- Anuncio -

Xoán Reices: “Desde que goberna o PP en 2011 até 2022 A Estrada perdeu 1.653 habitantes; fai falta un revulsivo, fai falta un goberno que crea nas potencialidades do noso concello para poñer en marcha unha nova A Estrada”

“A día 1 de xaneiro de 2022 A Estrada tiña 20.106 habitantes, unha cifra que no BNG cremos que vai seguir baixando, deixando o concello nunha situación moi preocupante no social e no económico”, explica o candidato do BNG á alcaldía, Xoán Reices.

“Pero aínda hai máis”, engade, “desde que López é alcalde, é dicir, desde 2011 até o 1 de xaneiro de 2022, o noso concello perdeu 1.653 habitantes.”. “Se collemos a táboa de datos que fornece o INE non houbo nin un só ano con saldo positivo co PP no goberno municipal, ningún”, afirma Reices.

“Co PP imos a menos, aí están os datos para confirmalo”, indica Reices, “o noso concello non pode continuar con este declive socio-económico que se palpa en cada recuncho do noso concello”. “López gastou máis de 3.000.000 millóns de euros nunha alameda de cemento, vendéndonos que ía ser o revulsivo do século, e aí están os resultados, 20.106 habitantes en 2022, 1.653 menos que cando el tomou o bastón de mando en 2011.”

O candidato á alcaldía afirma que “a situación é dramática; segundo a FEGAMP en 2016 concellos de entre 20.001 e 50.000 habitantes, entre os que se atopa A Estrada agora mesmo, percibiron 205 euros por habitante, mentres que os concellos de 5.001 a 20.000 habitantes percibiron 188 euros por habitante.” “As contas están claras”, explica Reices, “temos os mesmos gastos, temos menos ingresos, menos investimentos, o que produciría maior endebedamento”, afirma.

O candidato nacionalista explica que “nin o Baby Box nin as cartas enviadas aos veciños que xa están censados van mudar a situación, o que hai tomar é medidas para que a medio prazo podamos reiniciar a senda alcista de número de habitantes”. “En primeiro lugar”, afirma Reices, “o mes de maio hai que cambiar de goberno municipal que aproveite as potencialidades do noso concello, por exemplo no sector da madeira ampliando ou poñendo en marcha un polígono industrial público que xere emprego; poñendo en valor o noso patrimonio ou aproveitando as potencialidades do noso rural, na horta e no agro…”. “Son moitas as medidas que se poden tomar, pero fai falta un goberno que crea nas potencialidades do concello para poñer en marcha unha nova A Estrada”, afirma.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas