HomePontevedraA ParadantaCoa inauguración de Arbomostra, dase paso aos actos da LXIII Festa da...

Coa inauguración de Arbomostra, dase paso aos actos da LXIII Festa da Lamprea

- Anuncio -spot_img

• O director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Silvestre José Balseiros inauguraba a XXVII Arbomostra, a Feira Agroindostrial e Artesanal da Bisbarra do Condado Paradanta.

• Do 28 ao 30 de abril en Arbo estamos de Festa. Celebramos a 63 edición da Festa dá Lamprea, declarada de Interese Turístico Internacional.

• Fernando Romay será o sábado 29 de abril, o pregoeiro da LXIII Festa dá Lamprea a 13:00 horas na Praza do Concello.

ARBOMOSTRA

O director Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Silvestre José Balseiros inauguraba a XXVII Arbomostra, a Feira Agroindostrial e Artesanal da Bisbarra do Condado Paradanta.

Un total de 10 adegas estan presentes este ano en Arbomotra. Os viños de Arbo, nas súas distintas variedades, son o acompañamento ideal para toda clase de pratos. Por iso supoñen un magnifico complemento para degustar a lamprea que se servira na carpa o sábado e domingo da Festa.

O sábado contaremos coa actuación na Carpa da Banda do Sequío, Tonichi e Pacheco e Soul & Roll.

PREGOEIRO
FERNANDO ROMAY, exxogador de baloncesto, foi medalla de prata coa selección española nos Xogos Olímpicos de Los Ángeles 1984, participou tamén nos Xogos Olímpicos de Moscova 1980 e en tres Mundobasket e catro Eurobasket.

En España xogou no Real Madrid desde 1976 ata 1993. Durante este período o equipo obtivo sete títulos de Liga ACB, cinco de Copa do Rey, dous de Copa de Europa, tres de Recopa, un de Copa Korac, dúas da Copa Intercontinental e un Campionato Mundial de Clubs.

Ven ao encontro coa ribeira do río, sementada de milenarias pesqueiras nas que se atrapan as mellores lampreas que remontan o río en tempada. Respira natureza en espectaculares roteiros de sendeirismo e atópache a ti mesmo desde os miradoiros do val.

Ven a Arbo, estamos en Festas. Celebramos a nosa Festa máis Internacional.

Publicacións Relacionadas