Home Pontevedra O Salnés COGAMI forma a 15 persoas con discapacidade do Salnés e Caldas como...

COGAMI forma a 15 persoas con discapacidade do Salnés e Caldas como recepcionistas de oficina

- Anuncio -

Este curso é unha das accións que recolle o programa de inserción Máis Emprego, financiado por Fundación “la Caixa” e o Fondo Social Europeo na provincia de Pontevedra.

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) iniciou en Vilanova, nas instalacións municipais do Pazo de Vista Real, un curso de Recepcionista de oficina no que se están a formar 15 persoas, 7 homes e 8 mulleres, todas elas apuntadas na base de datos do servizo de emprego de COGAMI.

Cofinanciado por Fundación “la Caixa” e o Fondo Social Europeo, o curso forma parte do programa de inserción laboral Máis Emprego, dirixido a persoas con discapacidade e/ou con incapacidade laboral para a profesión habitual que se atopan en situación de vulnerabilidade, que están empadroadas na provincia de Pontevedra e que comprenden idades entre os 18 e os 65 anos.

O alumnado, que procede dos concellos de Pontevedra, O Grove, Vilagarcía, Cambados, Vilanova, Meis, Meaño, Ribadumia e Catoira, aprenderá ofimática relacionada coa xestión de oficinas e establecementos de atención ao público ademais de recepción de oficina. Esta formación ten por finalidade preparar ao alumnado inscrito tanto para favorecer o seu acceso ao mercado laboral como para realizar unha reciclaxe profesional. En total impartiranse 195 horas de clases, rematando a mediados de novembro, das que 50 horas serán de clases de ofimática, 75 horas serán teórico-prácticas de oficina e 70 horas serán realizadas como prácticas en empresas da zona.
Tralo remate das clases teóricas, existe a posibilidade de poñer en práctica os coñecementos adquiridos durante a formación práctica que vai ser realizada en empresas situadas cerca da residencia habitual do alumnado, para facilitarlle o contacto directo co tecido empresarial da zona de cara a facilitar unha pronta inserción.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas