Home Pontevedra COGAMI forma como mozo de almacén a 15 persoas con discapacidade de...

COGAMI forma como mozo de almacén a 15 persoas con discapacidade de Vigo

- Anuncio -

Este curso forma é unha das accións dentro do programa Máis Emprego que financian Fundación “la Caixa” e o Fondo Social Europeo na provincia de Pontevedra, co fin de mellorar a empregabilidade das persoas con discapacidade que se atopan nunha situación vulnerable.

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade iniciou nas instalacións que ten en Vigo (rúa Teixugueiras, nº15, baixo) un curso de Almacén e carretilla no que se están a formar 15 persoas con certificado de discapacidade ou con certificado de incapacidade laboral para a profesión habitual.


Cofinanciado por Fundación “la Caixa” e o Fondo Social Europeo, este curso forma parte do programa de inserción laboral Máis Emprego, dirixido a persoas con discapacidade e/ou con incapacidade laboral empadroadas na provincia de Pontevedra e con idades comprendidas entre os 18 e os 62 anos.


Co fin de favorecer o acceso ao mercado laboral por vez primeira ou de realizar unha reciclaxe, esta formación conta cunha duración de 120 horas, das que 50 horas serán impartidas en clases teóricas e 70 horas serán realizadas como prácticas en empresas.
O alumnado, 4 mulleres e 11 homes, proceden dos concellos de Vigo, Gondomar, Tomiño, Salvaterra e A Guarda, e comprenden idades de entre 35 e os 57 anos. Realizarán unha formación básica de almacén e ofimática relacionada coa xestión do almacén e poderán obter o carné de carretilla segundo a normativa UNE 2016.


Para rematar, a formación práctica vai ser realizada en empresas da súa zona de residencia habitual, de cara a facilitar o contacto directo co tecido empresarial da zona parara facilitar unha pronta inserción.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas